Emigración por necesidade

emigracion
O dicía naqueles tempos Pedro Mateo Sagasta, enxeñeiro Xefe de Montes de Pontevedra.

Habían emigrado 4.113, no último quinquenio as Repúblicas Suramericanas, con preferencia a Arxentina; algúns deles de Fornelos da Ribeira, como enigma de tódolos tempos, o inferno dos deshonrados, a fosa común a onde foi a parar a forza, a vida e a intelixencia daqueles nosos irmás. E non foi o proletariado da nosa terra que vive en permanente crise, porque o mesmo cacique viuse na agonía pola escaso de medios para atender as súas necesidades acuciantes da familia.

¿Que facer se non enviar os seus fillos lonxe de tan desagradable situación, que emigrar?

¿Que esperanzas obriga de repoñerse un día da usura, da renda, e do Estado que lle vexa, cada vez mais as súas exixencias?

¡Cantas veces penso, nestes nosos irmás entregados o traballo nos brazos da usura!

¿Sobra xente na nosa aldea de Fornelos da Ribeira?

¡Cantas veces me lembro daquelas xentes pedindo pan e traballo, ou implorando unha esmola! ¡Cantas veces!. Morrer ou emigrar. Non había outra cousa. Porque que o Estado deixara de ser xerarquía e servidume para transformar en igualdade e liberdade o territorio e deixara de producir miseria e ignorancia, para fomentala abundancia e ilustración para todos non interesaba.

¡Cantas veces lembro a emigración dende o Porto de Vigo, e daquel sacrificio! ¡Que sacrificio!
Para algúns doenzas sociais. ¡Cantos dos nosos emigraron para evitar a miseria e caeron na esperanza!
¿Cantos?

Esta nosa xente, que emigrou polo mundo, foron reducidas as mais humildes e repugnantes faenas, como unha manada de seres desgraciados, nados, para facer o oficio de bestas de carga. Soportaron con resignación tódalas vexacións e látegos que inhumanamente azoutaron o seus rostros. ¡Pobres irmas!

Pero aínda ai mais, porque dese círculo de ferro da economía política, non saíron porque os pecharon.
¿A onde ir os nosos emigrantes? A onde houbera un anaco de terra, onde gañar o sustento co seu traballo. E foi na América Latina, quen lle deu esa oportunidade para emigrar…

Desgraciadamente, as nosas costumes e leis de sucesión, por exemplo, des fan a familia, en un so día, a riqueza reunida con fortes labores e coidados, incluso afáns, se di: “Os bens raíces dun pai se dividen entre os fillos e se subdividen entre os netos e se des fan entre o bisnetos e se reducen a partículas impalpables en xeracións sucesivas”.

E aquí un dos aniquiladores da nosa prosperidade que non pode subtraerse a emigración ou a morte. A emigración no noso eido non foi un mal pasaxeiro e si unha necesidade.

Non debemos esquecer a nosa historia emigrante, que pasou desapercibida historicamente dende O Concilio de Trento, 12 de Xullo do 1.564. Da asociación da nosa xente que nace co Papa Pío VI, no 17 de Maio do 1.789 e na Congregación do Apóstolo Santiago en Bos Aires, o 2 de Setembro do 1.787; da Real Congregación do Apóstolo Santiago do 1.747 – 1.768 en México. Dos Centros Galegos labrando recursos co froito do traballo, etc.

Ben e sabido que o noso sistema económico fabrica pobres en abundancia e o mesmo tempo que prohibe a pobreza, insulta os desherdados ofrecendo o que se lles nega.

Valorala historia e amar o presente. Pode ser. Por iso quero aportar novas hipóteses sobre as raíces dos nosos irmás emigrantes, como o Centro Galego Cultural e Deportivo en Comodoro, Rivadavia (Arxentina), propulsor da vida institucional e asociativa local, con 813 socios, entre eles, algún fornelense, promovido neste caso por dirixente progresista en ben da terra.

Moitas familias da nosa aldea, puideron colocarse na Arxentina, en condicións moi vantaxosas proporcionando traballo, como os irmás González no seu taller ou Sestelo, por exemplo. Outros, proporcionándolles terreos e útiles de labranza, semente e animais. Jesús Cambra e Rivas foi un deles, e Rogelio Estévez Cambra, notario e Bahía Blanca, tamén. Así que para moitos dos nosos irmás de Fornelos na Arxentina foi un renacer, lonxe do tren de calamidade e doenzas que aniquilan a súa aldea
.
Non me foi posible conseguir datos dende o ano 1.718, fai 300 anos dos nosos primeiros emigrantes. No libro “Vigo 1.927” editado por José Cao Moure e escrito por Avelino Rodríguez Elías, cronista oficial da cidade de Vigo, encontrei unha relación de pasaxeiros chegados e saídos entre 1.885 e 1.927, parte deles, da miña familia. Os demais xa quedaron atrás.

Pido a todos os paisanos da miña terra que estes nosos emigrantes ben se merecen un recoñecido homenaxe polo que fixeron polo noso Fornelos da Ribeira, co seu espírito loitador, a súas aportacións económicas, para as escolas, o Cemiterio, o Sindicato, despois, a través da “Concordia” e logo coa asociación Progresista, da que nos queda so mentes o Progresista, C.F.

Síguenos: