Amigos: Quero contar con vos

emigrantes

Quero dedicarme a consecución dun “Monumento os Emigrantes de Fornelos” coa axuda de vos, que ben merecido o teñen. E de ser ben nacidos ser agradecidos, e mentres outros pobos xa renderon ese homenaxe en forma de monumento, nós, desgraciadamente seguimos sen facelo. ¡Vale mais tarde que nunca!

Dos 37 fornelenses emigrados na Arxentina, 37 entusiastas da nosa terra, algúns como os irmás Gonzalez, Sestelo ou Rogelio Estévez Cambra, contribuíron o sostemento das escolas públicas de nenas e nenos; a adquisición dos terreos e construción do Cemiterio Cívico Relixioso no Coto de Sá, primeiro coa “Concordia”, e logo coa “Asociación Progresista de Fillos de Fornelos e Anexas”, ademais da creación do “Sindicato Agrícola”, de cuxa actividade existe ampla información, sobre el particular.

Xa é tarde, pero vale mais tarde que nunca. E outros pobos, lembraron e lembran o proceder daqueles irmás nosos que emigraron e nos axudaron a levar a nosa mala situación coa súa axuda.

Lémbrome de recoller no “Río do Tempo” a Manuel Mariño Méndez, alcalde socialista de Salvaterra no 1.931 a 1.936 como antigo delegado en Galicia da Sociedade bonaerense “Unión Progresista”, logo da súa fuxida a Portugal e o embarque a Bos Aires. Moito antes, tamén Manuel Puente, foi un dos nosos paisanos de Salvaterra, que tanto axudou o engrandecemento da nosa terra.

O citado monumento se sufragará con “aportaciones populares”, para que ninguén presuma de habelo feito el. A “Comisión pro Monumento os Emigrantes de Fornelos” estará formado polos presidentes das diversas asociacións culturais, veciñais e deportivas, así como a de Montes en Man común, que se encargaran de recibir os donativos e facelos pagos, para que non haxa malos entendidos. E sobre todo, malos pensamentos, que hoxe corren mais que nunca.

Para a construción do monumento, se consultará aos artistas escultores do pais, tendo presente que se fará consultando con tódolos doantes, pois será unha obra do pobo de Fornelos para os fillos de Fornelos na América.

E un deber de conciencia.

Síguenos: