Co tempo se aprende…

aprende
Co tempo, se aprende a soster unha man e se encadea a alma; un aprende, a saber o que é o amor, a compañía, e un empeza aprendendo, certamente, que os bicos non son contratos ou regalías, nin tampouco promesas. E un empeza, aceptando as derrotas coa cachola alta e os ollos abertos.

Un aprende, a construír nos seus rueiros e vieiros hoxe, mais que onte, porque mañá pode ser demasiado tarde para plans de futuro con formas de vir abaixo. E, logo, se aprende a decoralo fogar e a propia alma, o eido de espera; e un aprende, que realmente aguantará, porque e realmente forte e vale. Aprende, aprende…

Co tempo, aprendes que estar con un veciño significa que tarde ou cedo, terás que volver o pasado. Co tempo, aprendes que so quen e capaz de amar cos seus defectos, pode brindar toda a felicidade que desexas.

Co tempo, te das conta de que si estás de lado de esa persoa, so por acompañala na soidade, acabarás por non deixala de ver.

Co tempo, entenderás que os verdadeiros amigos, son contados, e o que loita por eles, tarde ou cedo, se verá rodeado de amigos falsos.

Co tempo, aprendes que as verbas ditas nun momento de ira, poden doer e ferir, para toda a vida. Co tempo, aprendes a desculparte, pero perdoar e so de almas grandes.

Co tempo, te das conta que na realidade o mellor non é o futuro, senón o momento que estás vivindo xusto é, neste único instante. E aprendes, que hai tres momentos na vida que non se poden remediar:
A oportunidade que deixes pasar, a cita a que non asistas, e a ofensa que pronunciaches.

Co tempo, aprendes que sobre o “EURO” podes comprar unha casa, pero non un fogar, podes comprar unha cama e non durmir nela, podes comprar un salón, pero o mellor non te dará tempo para comprar un libro. Por exemplo. Podes comprar medicamentos, doar sangue, pero non a vida. Podes comprar sexo, pero non amor.

Co tempo, aprendes que a vida e aquí e agora, e non importa cantos plans tes. O mañá non existe e o onte xa tampouco…

Co tempo, aprenderás a pedir perdón. Todo se aprende co tempo. Aprendamos pois do pasado para crear o futuro. ¡Que así sexa!

Síguenos: