Un orgullo para Fornelos da Ribeira

Tal como soa. Un fillo de Fornelos da Ribeira, nado no rueiro de O Casco, emigrado na Arxentina, sexa Rogelio Estévez Cambra, xurista e notario, en Bahía Blanca, e que se lle renda, entre outros, un homenaxe de cariño, respecto e sinceridade ao arribar a Arxentina, xa fai anos, co seu caudal xuvenil, e boa vontade, como a inmensa maioría dos que chegaron a ese crisol onde se mesturan tódalas razas, e tódalas actividades do traballo humano. Porque Rogelio Estévez Cambra, levouse para Arxentina, ademais, os grandes e nobres anhelos completados coa súa preparación intelectual, e as dotes morais da familia que o fixeron destacar en tódalas esferas na que foi necesario actuar.

As virtudes herdadas da rama dos estudosos, cuxo apelido é, alá coma acá, pronunciado con respecto, soubo manter incólume, como a súa mais venerada tradición familiar. E, como di, Jesús Corbacho, presidente da Casa de Galicia en Bahía Blanca, e o mellor brasón que pode obter “Don Rogelio”, como cariñosamente se lle chama. E ben conquistado o ten, porque os títulos se herdan, pero a virtude e as belidas calidades morais é patrimonio de quen as leva.

Orgullosos nos sentimos os fillos de Fornelos da Ribeira, con este fillo noso, radicado en Bahía Blanca; do orgulloso que nos sentimos cando as revistas e xornais publican seus artigos, onde lembra os seus primeiros anos de amor fraternal e cariño o seu Fornelos natal.

Di don Jesús Corbacho, ser un honor para el, unha misión delicada presidir a sociedade (Casa de Galicia), e ter a sorte de celebrar con acerto este homenaxe a don Rogelio Estévez Cambra, noso presidente de honra, pola súa actuación entusiasta coa Casa de Galicia, dando evidentes probas do seu cariño coa nosa terra galega. A Casa de Galicia lle debe, entre outras, que xustifican o seu altruísmo e decidida vontade, o meditado e paternal consello, en todos aqueles casos que foi necesario a súa opinión sempre sensata, elevada e patriarcal.

“Aquí, en Bahía Blanca, di Jesús Corbacho, goza da igual ascendencia conquistada nas boas esferas sociais, e se expande ata outras aureolas con tal forza, que nos produce a mais grande satisfacción de que podemos considerala como cousa propia”.

“Por tais méritos, esta Sociedade Casa de Galicia, desexando tributarlle un homenaxe de gratitude, dedica esta velada artística na súa honra, que aínda que modesta na forma, leva no fondo toda a admiración, cariño e respecto que lle profesamos”.

Eu, como sobriño neto, reflexo aquí, con agarimo, os grandes rasgos deste meu tío avó, nado no mesmo eido que eu, cos mesmos valores morais, que todos recibimos, coa alegría de sentilo é lembrando, unha e mil veces mais.

Non deixo de lembralo tamén como presidente da sociedade “Hijos de Fornelos” da que formou parte. Precisamente, acadou un rotundo éxito o festival artístico do 8 de Xullo do 1.925, realizado pola “Juventud Progresista Hijos de Fornelos y anexos”, en el teatro Orfeón Español, con motivo del 5º aniversario da fundación da sociedade.

E un orgullo para toda a nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, a prestixiosa personalidade do homenaxeado, acreditada e sempre destacada, dando motivo a que se enchera de bote en bote a sala do Orfeón Español, para este acontecemento importante na forma, sentido e fondo. Que descanse en paz.

A nosa terra galega e os fillos de Fornelos da Ribeira, nos sentimos orgullosos dos nosos irmás emigrantes, como Ricardo Sestelo, os irmás Manuel e Ricardo González, Saturnino Piñeiro, Ramón Rodríguez, Ledo, e outros que foron dignos representantes nosos, estes últimos no 1.935. Para todos eles a nosa maior consideración e respecto.

Síguenos: