Un galego ilustre

Rogelio Estévez Cambra
Non é que o diga eu, un sobriño neto, tamén nado no mesmo eido de O Casco, en Fornelos da Ribeira, senón a Revista “VIDA GALLEGA”, a que o describe e que a todos os fillos e veciños de Fornelos da Ribeira nos ennobrece dicindo:
Chegou o pais natal, despois de cincuenta anos de permanencia na Arxentina, noso ilustre paisano, o prestixioso notario de Bahía Blanca, señor Estévez Cambra.

Ven como tantos outros fillos de Galicia, arrastrado pola invencible suxestión da “saudade”. Volve non tan so como foi, fai medio século, e sabendo que non vai a encontrar aquí os seres queridos, que se foron para sempre. Pero, a pesar de todo, ven polo mandato irresistible dese amor a terra que dura toda a vida nos galegos. Antes houbese obedecido, pero o retivo na América, unha longa enfermidade incurable da súa dona e boa esposa, que acaba de morrer.

Estévez Cambra, e unha mentalidade, non so entre os galegos, senón entre tódolos arxentinos. A alta sociedade intelectual platense se incorporou dende mozo. E cada obra súa foi un éxito, que algunha vez tivo eco nas páxinas de VIDA GALLEGA, atenta as palpitacións da nosa alma rexional.

Director da revista FORO E NOTARIADO, Estévez Cambra, foi sementando as planas de dita publicación de profunda doutrina xurídica. Seus traballos tiveron sempre resonancia que chegou ata España, onde nomes de ciencia -tais como o rector da Universidade de Valladolid, señor Valverde-, comentou o rabioso saber, a experiencia profesional, e o claro e belo estilo do noso paisano, afortunado sempre no fondo, maxistral, e ameno na exposición das súas doutrinas.

Home sociable, eminentemente caritativo, bo galego, cortés, cabaleiro, Estévez Cambra, se emprazou nas alturas da boa sociedade arxentina sen perder o respectuoso cariño a nosa colonia.

Ven o ilustre conterráneo a visitar seu pobo natal, Fornelos da Ribeira, na nosa provincia de Pontevedra, e súa estancia entre nos vai a ser por desgraza breve.

Sexa benvido o fillo do noso pais que tanto saben honralo no estranxeiro e a quen nos liga dende fai anos lazos de admiración moi ben gañada”.

Rogelio Estévez Cambra, colaborou na revista VIDA GALLEGA, no número 467 (1.930), cos artigos: “Las lenguas en lucha” e no 476 (1.931) igualmente. No número 514 (1.932), con “El patriotismo y las nacionalidades”.

¿Non é para sentirse orgullosos de ter un fillo da nosa terra con tan alta honra? Sobre todo si temos en conta que Fornelos da Ribeira non deixa de ser, unha aldeiña do Concello de Salvaterra de Miño.

Eu os invito a entrar en: Gallegos Ilustres, Vida Gallega, número 409/1.929 onde confirmaredes canto aquí digo. Grazas.

Síguenos: