A Freguesía de Fornelos da Ribeira

fornelos igrexa

Na utilísima Historia Civil e Eclesiástica da cidade de Tui, co seu bispo, Francisco Avila y la Cueva, no ano de 1.852, alcancei encontrar unha documentación sobre a miña freguesía de Fornelos da Ribeira, na que se fala dos arcebispados e parroquias, capelas con territorio, etc.

E dicir: Aqueles lugares que por encontrarse a longa distancia da matriz(), ou dos anexos, non poden seus moradores sen grande traballo concorrer a igrexa matriz, especialmente en tempos de inverno, e por esta causa teñen alí unha capela con capelán, tan so para dicir a misa, explicarlles o evanxeo os domingos, pois para o demais se valen da igrexa parroquial.

Da como exemplo de capela con territorio, o rueiro de Saa, da nos parroquia de San Xoán de Fornelos, que ten unha capela dedicada ao santo Tomé, cuxa festa celebran o 21 de Decembro, onde ai, unha capela pagada polos veciños do lugar que lle di a misa tódolos festivos, e elles explica o envaxeo das dominicas. Se lles denomina presbíteros.

Os párrocos que administran as igrexas matrices levan os “décimos”, que os bispos titulan abades, que é o mesmo que “pai”, cuxo ditado o teñen por moi honroso, e non lles gusta que lles chamen “curas”.
Esta costume de chamar abade o párroco ven de tempos remotos (Volume II).

Das parroquias pequenas, como San André de Lourido, con pouca renda, precisa Avila y la Cueva, cita a San Vicente de Canedo, que era anexo moi antigo de Ponteareas, e dende entón, se suprime in totum e incorpora a ela. E a de Pedra Furada, anexa a Santa María de Oleiros.

En tempos do bispo Xoán García Benito, cesou a padroeira tutelar de Santa Columba, virxe e mártir, cando a súa poboación tiña 30 veciños (Volume II).

Na década do 1.750 o bispo Izquierdo e Tavira, elaborou por mandato do marqués da Ensenada, unha minuciosa “Razón Universal de tódalas pezas eclesiásticas do bispado”, coa indicación do valor dos “décimos” e da titularidade do dereito de presentación, etc.

Xa funcionaba o santoral con todo o seu acontecer humano. San Antonio e o mediador das moitas doenzas, incluídas as das mozas por encontrar namorado:

Tódalas mozas solteiras
Pedíronlle o San Antonio
Que lles dese casamento
Que estaban no purgatorio.
San Brais, para a garganta e San Ramón, para os partos:
As meniñas cando paren,
Lémbranse de San Ramón.

O Patrimonio cultural conta con abundantes coplas e cantigas, ea freguesía representa moito mais que unha circunstancia relixiosa, sendo esta unha parte fundamental da vida familiar e comunitaria.

Naqueles tempos os curas gozaban das primicias da “estola o pe do altar” para cobrarse os servizos relixiosos.

Nas mans das familias fidalgas estaba os dereitos do padroado cos curados, como peza da administración señorial.

Retornando a unha expresión afortunada de Diego Torres Villaroel, o clérigo mercenario non pasaba de ser un “desventurado oficial das misas”. Non lle tocaba nada.

Síguenos: