Os itinerarios da prensa bonaherense

Escribanía de Rogelio Estévez Cambra, na rúa Chiclana. Arxentina

Cando Bahía Blanca (Arxentina), se estaba parecendo os subterráneos que rodean París, e os fungos, brotaban con facilidade, aquí en Bahía Blanca, eran os xornais os que brotaban con frecuencia era a abundancia que estrañaba ao mais flemático. E non creades que porque fale dos fungos, queira aludir a efémera vida vivida por algunhas publicacións.

Eran tempos do escriban de Bahía Blanca, Rogelio Estévez Cambra, cando nacen entidades gremiais, profesionais, económicas que se manifestan na area periodística nesta cidade. Así nace “El Eco del Comercio” (1.908), literario, independente; logo o xornal “Evolución” (1.915/1.920), “Reacción “(1.919), “El Proletario” (1.922/1.923). “El Construtor” (1.925).La “Semana Comercial”, e a “Revista do Centro comercial de Bahía blanca”, a cargo de Ricardo Ducós (1.900/1.916).

Finalmente, a comunidade xurídica fortalecida a partir da fundación dos Tribunais Costa Sud, en 1.906 con Justicia, Foro e Notariado de Rogelio Estévez Cambra, o cal aparece mensualmente entre 1.912 a 1.920.
No 1.931 circula Justicia, diario de lexislación, xurisprudencia e información xeral dos Tribunais de Xustiza do Departamento da Costa Sud, dirixido por Gervásio Pérez, ata que se deixa de publicar.

Se cerra desta forma un período no que a prensa gráfica, pola súa multiplicidade, diversidade e especialización representa mais fielmente a complexidade e densidade dos procesos e dinámica da sociedade civil de Bahía Blanca.

Diarios como “La Nueva Provincia”, “El Atlántico” o “Democracia”, nutrían a opinión pública, que valoraban as transformacións económicas e políticas, así como tamén a corrupción dos destacados integrantes do goberno. Dende entón ata hoxe, en maior ou menor medida, continuou circulando na esfera pública.

“A Pampa”, podería ser provincia con Bahía Blanca por Capital, dada a importancia real e positiva dos seus comercios, das súas industrias e espléndido porto; servizos públicos propios da época, sorprendendo o mundo cos seus adiantos de grande cidade, mais ou menos coma Vigo en Galicia.

De modo que os profesionais como Rogelio Estévez Cambra, responden a certa lexitimidade intelectual como “La Nueva Provincia”, “El Siglo”, etc.

Rastrexando documentación, descubro que unha das figuras paradigmáticas foi Bartolomé J. Rouco, avogado, creando o Colexio de Avogados da Costa Sud.

Entre 1.908 a 1.913 se conforman sendas bibliotecas cuxos fins son as de ofrecer ao pobo, medios pertinentes para súa elevación moral e intelectual, fundada e mantida por homes do pobo, como Rogelio e seu irmá José María Estévez Cambra, como indicadores do progreso.

A asociación Bernardino Rivadavia fundada por Luís Caronti, os irmás Rogelio e José María Estévez Cambra e outros veciños, o 16 de Xullo de 1.882 foi “un verdadeiro tesouro” para os investigadores da historia local, cuxa administración está situada na rúa Chiclana número 15, non moi lonxe da escribanía de Rogelio Estévez Cambra.

O 2 de abril do 1.916 foi o “broche de ouro” dun ciclo de avances non interrompidos.

(Foto: Escribanía de Rogelio Estévez Cambra, na rúa Chiclana. Arxentina).

Síguenos: