Un fillo de Fornelos da Ribeira na diócese, de San Nicolás dos Arroios

jose maria cambra y rivas azul argentina
Todo comeza onte, con Xosé María Cambra e Rivas, fillo de Fornelos da Ribeira, do Concello de Salvaterra do Miño, presbítero (crego), emigrante na Arxentina e párroco de El Azul, onde cumpría a súa misión sacerdotal.

Corría o ano 1.884 cando se solicitan os terreos na que se ía a construír a IGREXA, e para poñer mans a obra, levantar planos e material, invita ao Presidente Municipal, para dicir que “é a todas luces inadecuado e insuficiente para satisfacer as exixencias das xentes, e con maior fundamento no futuro”, para que este fillo de Fornelos da Ribeira, xa había visto un terreo particular no costado da praza, que era suficiente e adecuado pola súa posición e capacidade, abandonado polos seus donos, Xoaquín Araúxo, quen en 1.859 se ofrecera mercalo, pero cos tropezos para a construción do mesmo, se resolve se levante no terreo que ocupa o antigo, no centro con toda o panorama posible o exterior e interior. Un adro lateral e casa do crego no costado.

Se chega a xaneiro do 1.865, se venden os materiais da demolición do vello cemiterio, e no 23 de abril, se coloca a pedra fundamental, coa presenza de Xosé María Cambra e Rivas e se levanta a Acta que di:
“En neste pobo de San Paulo de Salto, provincia de Bos Aires,a 23 días do mes de abril de 1.865, sendo presidente da República o señor Brigadier Xeral, Bartolomé Mitre, gobernador da provincia, Mariano Saavedra, bispo desta diócese Mariano Xosé de Escalada e xuíz de paz, do partido e presidente da municipalidade Xacinto Fuentes. Munícipes Gregorio Berdier, Xoán Xosé Bedoia, Francisco S. Solere Xosé Amézaga. Suplentes, Antonio S. Xil, Hermenexildo Airala, e Secretario da corporación Pedro Palmarini, se procede en presenza da vecindade reunida, a colocación da pedra fundamental do templo, que se constrúe baixo a dirección da Comisión nomeada pola municipalidade, composta polos señores presidentes, Evaristo Grixera, vicepresidente cura, vicario Felípe Rocatagliatto, tesoureiro , Diego Barutti. Vocais: Diego R. López, Xoán Murphy, Félix Cornexo, Hermenexildo Ayrala, Secretario, Xosé Ramírez, San Vicente, e Enxeñeiro Xonás Larguía, construtor da Igrexa, habendo verificado o padriño do acto que é Evaristo Grixera, presidente da Comisión por delegación do señor xuíz de paz, Xacinto Fuentes, delegado da súa excelencia o señor gobernador, baixo cuxo padroado se coloca a obra, que se estende a presente acta que firman, o señor xuíz de paz, o padriño da cerimonia, e os demais membros presentes da municipalidade e Comisión Directiva, da obra e data ut-supra”.

A obra aínda que lenta segue. Todos cooperan dalgunha maneira. Algúns veciños piden esmola para terminala obra. 18 anos despois, se inaugura, e se nomea en agradecemento polos traballos realizados a favor da mesma, párroco por un ano, a Xosé María Cambra.

Eu que son agnóstico, non deixo de recoñecer a meritoria obra do familiar, deste fillo de Fornelos, a súa entrega e intelixencia viva na fe cristiá, neses paraxes do primeiro salto do río dos arrecifes.

Síguenos: