Julio Sigüenza

Julio Sigüenza

Este vello amigo da miña xuventude (son amigo dos seus fillos), nado o 7 de Xaneiro de 1.898, e falecido o 15 de abril do 1.965 en Vigo, onde residiu, foi un poeta, novelista, ensaísta e xornalista do Faro de Vigo, onde pasou a última parte da súa vida. Antes o fixo en Cuba, Arxentina e Uruguai.
Emigrou a Cuba no 1.912 onde viviu trece anos na Habana.

Dende moi novo comezou a escribir artigos xornalísticos relacionados con Galicia e a poesía. Colaborou con artistas e escritores galegos, traballou para “El Crisol”, “Diario de la Mariña”, e “Diario Español”, regresando a terra, para novamente volver a Arxentina, onde traballou como xornalista en “La Razón”, “Almanaque Gallego”, “El Despertar Gallego”, “Céltiga”, onde tamén foi director, etc.

En Montevideo, tivo o seu cargo a dirección da revista “Galicia” durante 5 anos. Aquí viviu sete, e xunto con Alfredo Mario Ferreiro dirixiu a revista “Cartel”; logo foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora da Cultura Galega.

Durante este tempo defendeuna, dando conferencias nas universidades de La Plata e Montevideo.
No ano 1.928 presentou “Cantigas e verbas ao ar”, que publica en A Coruña.

No 1.930,publicou “ Galicia cara e cruz”.

No 1.932, se casa con María Angelina Fontenla en Vigo. Precisamente en Vigo, dirixe “La Tarde”, sendo redactor xefe de “El Pueblo Gallego”, e de “La Hoja del Lunes”, e no “Faro de Vigo”, ata os seus últimos días da súa vida.

O 28 de xaneiro de 1.956 ingresa na Real Academia Galega, con un discurso sobre José Alonso Trelles : “Un galego Universal”.

A súa obra en poesía:
– “De los agros Celtas” (La Habana, 1.923).
– “Del amor y de la muerte” (La Habana, 1924).
– “La ruta aventurera” (Bos Aires. Céltiga, 1927.
– “Cantigas e verbas ao ar” (A Coruña, 1.928).
– “Cuarderno del ojo sin sueño” (Montevideo, 1.931).
– “Las Canciones extraviadas” (Vigo, 1.937).
– “Poemas del Imperio” (Faro de Vigo, 1.939).

En narrativa:
– “El Lobo” (La Habana, 1.924).

Ensaio:
– “Galicia cara y cruz”. (Montevideo, 1.930).

Posiblemente quede algo mais no tinteiro do esquecemento, pero aquí queda, a vida e obra deste home que tantas veces falei con el na famosa “Casa Pepe” de Vigo o carón dun viño tinto, sobre a emigración galega na América. Para el vai esta lembranza de admiración.

Síguenos: