El Eco del Condado

el eco del condado
Foi un xornal editado en Salvaterra do Miño entre 1.926 e 1.931.

Este xornal conservador e católico apareceu por primeira vez o 15 do marzal de 1.926,redactado por Anselmo Vázquez Estévez, párroco de Fornelos da Ribeira, sendo o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, colaborador do mencionado xornal, e colaboradores en lingua galega, Xosé Rei González, Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Carmiña Prieto Rouco, Xoán Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Ramón Cabanillas, Manuel Lago González, Avelino Rodríguez Elías, Xoán B. Armada, Gonzalo López Abente e Mario Canda, ademais de Hermínia Fariña e Xesús Muruais Rodríguez, relacionados coa chamada “Século de Ouro”.

Aparecen portugueses como Xosé U. Condo e Xosé Vilán Cobelo xunior. En case que tódolos números aparecen asinados por alcumes, baixo os epígrafes de Contos de Camiños, Contos de Aldea, Contos da Terra, pechando a publicación un 20 de decembro do 1.931.

A riqueza literaria de entón, recollida no Boletín da Real Academia Gallega, entre 1.910 e 1.919 con El Azote (La Voz del Condado), en As Neves. ¡Que tempos aqueles!

En Ponteareas, nace La Gratitud, mentres que en Bos Aires, nace El Despertar del Tea; El Eco del Tea, La Regeneración (1.918), en Baiona El Látigo e Voz del Miñor.

En Porriño, El Louro, quincenal; en Redondela, El Pueblo, La Idea (1.918), La Razón e Redención. En Tui, Portugal Nova, La Tetera, La Verdad…

Con HISTAGRA, se recupera toda esta riqueza literaria, como El Despertar Gallego, La Zarpa e outros materiais que forman parte do legado de Marcelino Gómez e descendentes.

“Aires del Miño”, e “El Eco del Condado”, son documentos da nosa historia. Así o fai HISTAGRA, dixitalizando e catalogando toda esta obra con un grupo de investigadores interesados no agrarismo, republicanismo e a emigración do século.

¡Que pena que daquela inquietude pouca cousa teñamos hoxe!

Síguenos: