O barco da memoria

barco da memoria

O sono de facer a América e volver a terra , non os afastaba ante a realidade, e aínda que os fillos de Fornelos da Ribeira, defenderon os valores culturais nativos, formando paulativamente sociedades e penetrando no que facer diario, e no novo estilo de vida, pasando de ser taberneiro, usureiro, e “galego” a galego aplatanado.

Dos fillos de Fornelos, entre eles familiares das miñas raíces, se casaron e integraron na vida cotiá, e se dedicaron cos seus fillos o acceso a unha formación cultural que lles faga esquecer os orixes dos seus pais.

Eu, como non pode ser doutra maneira, vexo as novas xeracións paternas, da que teñen unha imaxe deformada, sabendo o sistema de vida modesta e austera dos seus avós e pais, con estudos universitarios e vivir coas oligarquías locais e capas medias da sociedade.

Non deixo de recoñecer que os fillos de Fornelos foran obxecto de burlas e sinónimo de ignorantes, ao menos algúns, pero o seu ascenso social provocou envexas.

De bodegueiro quizais e espírito aforrador sacrificado, foi buscando sempre a súa terra de orixe no seu pensamento.

Debo recoñecer que os nosos paisanos estableceron sempre relación de solidariedade e axuda, creando sociedades benéficas e culturais, facendo unha vida, derivada da que deixaron atrás.

E foi, a partir do 1.780 cando xa algún deles había triunfado economicamente e profesionalmente na Arxentina: Os irmáns Sestelo e os irmás González e outros son un exemplo.

E así, as remesas permitiron o pago das contribucións, as amortización de débedas, merca de terras que nalgúns casos levaban antes en arrendo a fidalgos, tal o caso de Clemente Francisco Cambra e Vilas, co eido do Casco, mercado polo fillo Xesús Cambra e Rivas.

Agora ben, Julio Sigüenza sabia que en Galicia facía falta escolas, pero non escolas para mandar os fillos a América .Faltan escolas que advirtan do engano de América que, saiban explicar que cousa e esta parte do Continente e cantas enerxías fan falta despregar para poder vivir o día. A si é e así o la conto.

Síguenos: