O viño da nosa terra, e a tinta da nosa alma

uva viño

Porque o viño sempre foi capaz de espertar tódolos sentidos, empezando polo olfato, que e o primeiro achegamento, e o que nos da información a través do seu aroma.

¡Cantas veces me preguntei, si saberemos realmente o que é o aroma, e cantos aromas pode ter o viño!
Eu sempre digo, que e fácil confundir o aroma coa cor, e por iso e importante que o saibamos diferenciar.
Dentro dos tipos primarios dos aromas, os hai tamén secundarios e terciarios que forman “a tinta” da nosa alma.

¿Que é o aroma? É nin mais nin menos que a fragrancia que desprende o noso viño; e o que activa o sentido do gusto, relacionado co olfato.

¿Que é o cheiro? Pois é a sensación que recibe o olfato sobre o viño. Aquí debemos aclarar os distintos cheiros, ácidos, sulfuros, etc, con uns 50.000 cheiros recoñecidos, dos cales so se poden detectar uns 3.000.

Tiven a curiosidade de saber como se forman os aromas, no primeiro lugar, o metabolismo da uva coas súas infinidade de variedades. No segundo, os fenómenos químicos que se producen durante a crianza, e o envellecemento do viño na pipa. E logo despois, na botella que sen dúbida algunha marca o aroma do viño.
Nos meus tempos de rapaz, ninguén sabía que eran “os aromas primarios”, típicos das nosas cepas, que dependían do chan e do clima. Mais ou menos como agora. Nesta categoría encontramos os viños con aroma afroitados, vexetais ou aflorados.

No segundo caso, secundarios, son os que se derivan da fermentación alcohólica do viño. Veñen marcados polo tipo de levadura empregada, e as condicións que leve a fermentación. Dentro destes aromas están os acaramelados, lácticos, pasteleiros, etc.

No terciario, están os do “bouquet” adquirido durante o proceso da crianza en barrica, e a súa maduración posterior na botella. Aquí podemos encontrar os balsámicos, a madeira de carballo, a mel, manzanilla, etc.

Xa vello, cheguei a enteirarme da clasificación das 10 familias aromáticas:
1º).- Do cheiro dalgunhas cepas a carne que me lembraban as viñas vellas.
2º).- A loureiro, a piñeiro…
3º).- As que pican a nariz, ácido acético, cloro.
4º).- As de cheiro a ácidos que proveñen da fermentación alcohólica, iogur, manteiga…
5º).- Os derivados da madeira de carballo nas barricas de crianza ou cedro.
6º).- Cheiro a especies, como cravo, azafrán, canela…
7º).- A flores, presentes nos viños brancos.
8º).- Os herbáceos, menta, tomillo…
9º).- Os empiremáticos de cheiro afumado tostado, caramelo, café.
10ª).- Os afroitados a laranxa, mora, etc…

Polo tanto, falar de viños da nosa terra e falar da “tinta” da nosa alma, porque o final de cada cunca de viño e analizar a súa personalidade.

Non os esquezades de que o viño, lava as nosa “morriña”, enxuga a alma e asegura a curación da tristeza. ¿Queredes mais?

Síguenos: