De como aprendín a degustalos viños

viño cunca

Foi, na adega da miña madriña Alfonsa, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, na miña terra de Fornelos da Ribeira. Non so a degustalos, senón, a entendelos a través dos sentidos.

Hoxe con 86 anos, aínda me lembro de cómo suxeitando a copa polo talo, o primeiro que entraba en xogo era a vista, observando o viño inclinando a copa, como se fai agora (naquel entón, ninguén sabía nada), cando na ampla mesa do eido de Cambra se daba de comer a todos. E de beber tamén.

Lémbrome da cata coa nariz, que me dicían e a antesala da proba. Digo nariz e digo ben, porque e onde se encontran as armas determinadas pola composición química primeiro, logo, as secundarias polos procesos ecolóxicos dos que entón non se falaba, e os terciarios que proviñan da crianza e garda do viño na adega.
Penso hoxe que, aquelas armas se completaban coa influencia do chan e o clima. E lémbrome da primeira vez que a miña madriña me fixo chegar o viño a boca.

¡Que dicir daqueles pasos analizando o gusto, o equilibrio; aquel viño dos catro gustos: Doce, salgado, amargo e ácido, vendimadas daquelas cepas centenarias do eido do Casco!

Lémbrome aínda hoxe, como percibía na lingua o sabor, que era a principal sensación dos taninos, presentes nestes tintos. Lémbrome daquelas xentes contratadas pola madriña, Manolo de Concha, Saborido, Evaristo, Miro, e moitos mais que xa non lembro, que viñan a enxertar e a podar, con todo mimo aquelas cepas para que floreceran e deran viño. ¡Que tempos!

Lémbrome aínda hoxe, da visita o eido de Cambra, invitados polo irmá da madriña, Xosé María, da “Casa Pepe” de Vigo, o alcalde de Vigo, Suárez Llanos, o gobernador Civil de Pontevedra, Xosé Solis Ruíz, o presidente da Deputación, Ponce de León e algúns mais, gabando aquel viño sobrio, tomado a tempo, con deixe a flores secas e ¡tan sustancioso! acompañando dun bo xantar.

Lémbrome como no padal, con taninos de pulso, apenas doce, co acedo sostido en plena harmonía co resto, facían un viño agradecido.

Teño que renderlle a miña madriña (q.e.p.d.), este pequeno homenaxe, como a mellor colleita de viño, que non sendo profesional, entendía as súas cepas, as coidaba con tanto cariño que elas agradecidas lle daban o mellor que tiñan: As uvas. Así foi durante moitos anos.

Síguenos: