O meu mestre: Manuel Colmeiro Guimaraes

colmeiro

Nado en Chapas (Silleda), Pontevedra no 1.901, emigrante na Arxentina, como moitos outros.

Debo ser posiblemente un dos poucos alumnos que queden, do mestre Colmeiro Guimaraes vivos, de aquel grande renovador da pintura artística xunto a Carlos Maside, Arturo Souto é Luís Seoane.

Lémbrome aínda hoxe, do primeiro traballo que me encomendara facer pintando un limón partido en dous, con tinta china. Cando terminei me dixo: “Tes condicións para ser artista”. Como así foi, observando no seu estudo a forte personalidade daqueles lenzos da Galicia sosegada, doce e tenra, coas cores verdes da nosa alma galega.

Eu que tiven a sorte de asistir a súa obra é observalo na súa pintura, onde se recreaba tanto, como aqueles lenzos do campo, das romarías, nenos e oficios artesáns, que ben se refería Rafael Dieste: “Colmeiro, pintor, fala en galego, que é un dos modos fondos, leais é verídicos de falar en español”. É Carlos Maside: “Galicia ten un pintor, tan seu, tan representativo neste Arte, como foi, quizais Rosalía na lírica”, que me honrou ter un chisco del: Da súa ensinanza, e daquelas tertulias intelectuais, da época.

Non me esquezo, ¡non! da súa exposición na Sala de Velázquez Moreno, no 1.952, nin tampouco, da miña incorporación no 1.950/51, como alumno.

Non vou a falar da súa estadía en Bos Aires ou París, nin tampouco da súa memoria do seu ser de aldea, como eu. Tampouco do seu viaxe a Arxentina e da Academia de Belas Artes onde adquiriu experiencia pictórica.

Ben o lembro case que tódolos días, pois vivo hoxe en día o pe da súa rúa “Pintor Colmeiro” na cidade de Vigo que recoñeceu a este máximo expoñente da nosa pintura galega, ata a súa morte en 1.999 aos 98 anos de idade, na súa residencia de Salvaterra do Miño, miña terra nai. É enterrado en San Fiz de Margaride, parroquia de Margaride do Concello de Silleda, na mais solemne intimidade, baixo a tumba que reza: “Pintei e amei o meu pobo”.

Gardo de Manuel Colmeiro, a ensinanza iconográfica do noso mundo rural e da nosa antropolóxica galega, naqueles bodegóns, os campos galegos, e por último, no campo da abstracción o meu lenzo simbólico de Salvaterra do Miño coa Plísan.

Del, amigos, gardo tamén, a maneira de ser e de obrar que tanto representou para min, aqueles tempos: “Saber facer honrar a súa vocación galega”. (D.E.P.)

Síguenos: