Almofada do amante da astronomía

astronomía

Este son eu quen de moi pequeno, aprendera do tío avó Rogelio Estévez Cambra, o aquel de “quen non honra a vida, o home que morre sen honrala, deixa na natureza a vacante dunha besta”.

É con esta premisa fun crecendo na miña afección polo saber, a pintura, o amor pola astronomía, etc., sen deixar a miña profesión como modo de vida.

Así pois, a miña afección pola astronomía nace en moi tempada idade, cando na década dos anos 1.940 cae nas miñas mans un folleto explicativo dun telescopio reflector de fabricación caseira que aproveitei o debuxo para fabricarme un con un cilindro de cartón, lentes e espellos preparados na cristalería “La Belga”, en Vigo, que usei de observatorio nos meses de Xullo a Setembro en Fornelos da Ribeira, a miña terra natal.

Anos mais tarde importei outro que aínda conservo para contemplalas fermosuras do Universo.

Así o 16 de Xuño do 1.994 puiden observar un cometa rachado en once anacos que a unha velocidade de mais de 60 km/seg ía camiño de Xúpiter, como si foran “contas dun colar de perlas”.

Outro espectáculo fermoso é a Vía Láctea ou Camiño de Santiago, que nunha noite sen nubes e Lúa, se estende de este a oeste na constelación AURIGA, da que pintei un lenzo na súa honra, co título “Vícus Auriga”.

Anos e anos de levantarme de noite a ollar o ceo e ver un fondo salpicado de estrelas escintilantes sacando a conclusión que os alquimistas e bruxos tiñan razón dun 75% de canto veño escribindo e dito.
Hoxe, coma sempre, me pregunto: ¿Que pasou co tempo? Einstein o considerou relativo. So mentes admitía o que é susceptible de demostración, pero o que sucedeu fai milenios de anos segue sucedendo noutra dimensión do espazo. O que sucederá neste milenio,sucede xa, e nós, os seres humanos non somos mais que partes infinitesimais dun inmenso todo unido as nosas vidas.

Os antepasados formaron para de nós. Deles so nos separa o tempo e este tempo é a ilusión. Por iso os seres humanos pretendemos arrincar o velo da ilusión e desexar velo principio e o fin. A través do tempo desexamos percibir o pasado, o presente e o futuro.

Hoxe nos fixemos famentos, insatisfeitos no plano da impureza de onde procede, anterior o tempo é mais aló do espazo.

Aínda non se pode demostrar outra forma de vida no universo, tódalas informacións demostran mais aló do tempo e da materia de curvas estrañas e ángulos alucinantes.Tempo virá en que se viaxará no tempo pois o universo emite enerxía e consigue alcanzar o noso espazo tempo, é crear unha nova forma de vida, quizais paralela.

Eu so pido que o vermello amañecer adiviñe o que facemos cando a luz das estrelas morran e todo haxa terminado; mentres, levantemos os ollos o Ceo, é intentemos descubrir os grandes segredos de este fermoso Universo. E digno de ollar.

Síguenos: