Os progresistas de Fornelos da Ribeira

Partiran dun partido político progresista do século XIX.

Aquel partido político, do ano 1.835 durante a Revolución de María Luisa de Borbón que defendía as reformas de Juan Álvarez Mendizábal, pero o seu nacemento formal fora no xuño de 1.830.

É bo saber, que durante o reinado de Isabel II, so gobernou dous anos (Bienio progresista 1.854/1.856), baixo Espartero; o que sucede o xeneral Prím, é tras o asasinato de Prím, reinando Amadeo I, o partido se integra no Partido Radical pola escisión de 1.858.

Os progresistas de Fornelos que aínda andamos por aquí, vemos a diferenza ideolóxica entre os liberais progresistas e os liberais conservadores. Daquela se caracterizaban pola defensa dos dereitos civís, comunmente de esquerdas, nun ambiente de igualdade, liberdade e xustiza.

Aqueles nosos irmáns que xa non están, perseguían o progreso social, económico, político e constitucional. No campo socio económico, a súa consigna era a capacidade do home, e non as condicións do nacer, que determinaban os límites das súas aspiracións. Polo tanto, o progresismo propuña que o Estado debería xerar as condicións para que fora o esforzo humano, o que determinara a desigualdade social.

Daqueles nosos irmáns, recollín os cambios que impulsaron o progreso indefinido no social, no económico e no institucional. O seu programa era lograr políticas, promover a igualdade, a liberdade de maneira separada.

Lémbrome da igualdade de condicións, e que cada quen se faga o seu ánimo de progresar, e devolver a nación, as oportunidades ofrecidas. Pedían a Igrexa, axudas para o desenrolo de cada quen, evitando os obstáculos do progreso integral.

Loitaban polo progreso, traballando en tódolos sectores para o desenvolvemento económico, social e político. A participación cidadá, como hoxe se está a facer coas asociacións.

Por último, o termo “progresista” tan usado polas nosas xentes de antes, nace da Revolución Liberal do século XIX, para designar reformas no plano político e institucional, cambio social e transformacións económicas é intelectuais fronte os conservadores.

No século XX, os progresistas empezaron a competir cos socialistas e tiveron relevancia política na II República ata caer na desgraza nos 40 anos da ditadura franquista.

Coa Transición e a chegada da democracia, pero sobre todo no século XXI, avanzou cara o futuro nun centro esquerda no espectro político. O PSOE, liderou o progresismo con Felipe González (1.982/1.996) é coa Unión Progreso e Democracia no 2.008/2.011.

A historia e un incesante volver a empezar e hoxe, tanto no noso país como na nosa parroquia de Fornelos, se confirma o grito daquel 1.814 que se repite:

“Malditos aqueles
Que,
Coas súas verbas,
Defenden o pobo,
E que,
Cos seus feitos
O traizoan”.

Para a nosa lembranza temos o “Club de Fútbol Progresistas”, de Fornelos, coa ironía de aquel que quere gritar liberdade e no pode, e tampouco facerse escoitar. O menos algo é algo.

Síguenos: