Cando cantaba o galo…

galo

Aló, polos anos cincuenta a xulgar por unha fotografía ao pe da capela de Santa Rosa, na entrada da “Taberna – Tenda de Ron”, lle dicía, a hoxe Fina da Taberna a miña madriña que, espertarse cada mañá co espertador, era mais que un suplicio, pero co galo non supuña ningún problema. E mira por onde, viume a mente analizalo ave, que non necesita luz do sol, para espertarse, pois ten un reloxo interno que o alerta o amañecer, é din que incluso, nos cambios de estación.

“Fina da Taberna”, veciña de toda a vida do rueiro do Casco, lembroume aquela conversación, e deume por localizar os comportamentos dos kikirikis, aproveitando os investigadores xaponeses da Universidade de NAGOYA, que descubriron que os galos non necesitan sinais externos de luz para saber cando deben cantar. Xa, a nosa Fina, era coñecedora no rueiro, sen ser especialista en reloxos biolóxicos, de asistir a diario o concerto do galo que tiña e que cantaba mais ou menos sobre as 23,8 horas, sen que soubera nada do experimento xaponés de Yoshimura é Shimmura. Comentaban, ámbalas dúas, que xa empezaban antes do amañecer.

É pensaban, digo eu, que tanto o galo da miña madriña como o de Fina, se trataría dun ritmo circadián, impulsado por un reloxo interno en lugar dunha sinal externa. Iso é a lo menos o que eu pensaba. Lémbrome ben, como diante da taberna de Ron, como lle daban o pico, que si o galo era unha ave territorial, e que o seu canto obedecía ao poderío e dominio sobre as galiñas. Co seu kikirikí: ¿Quen era o amo?

Pois ben, tanto Fina como a madriña seguían dándolle o pico, que si repetían o canto o longo do día, sobre todo o mediodía, a media tarde e de madrugada. Eu, que tiña uns 18 anos, facíame graza escoitar a Fina que lle dicía a madriña que o amañecer era cando o galo dela, daba o “do” de peito. ¡Manda carallo, diría Manuel da Loña, sogro de Ron! A madriña lle dicía que cando le botaba o millo, avisáballes as galiñas.

Na nosa aldea, sempre correron mitos e lendas sobre os galos; o simbolismo do seu comportamento natural. E coa chegada do Cristianismo a Igrexa, o incorporou, por exemplo na figura de Pedro, nas vixilias da noite, na Misa do Galo, para celebrar o nacemento de Cristo.

Nas misas negras, para obter favores do Demo, e nas cerimonias vudú. O que non sabíamos, ningún era que os testículos do galo eran utilizados na elaboración de filtros de amor é que servían para favorecer os amores. Disto ninguén sabía nada.

Despois de tantos anos aínda perviven na memoria: Si o galo canta as nove chove, o outro día chove. Si canta nones, soa montóns. E si canta galiña co galo morrerá algún familiar.

A Real Academia destaca: En menos que canta un galo; engreído coma o galo. Outro galo cantara. Entre galos a media noite. Como o galo de Morón, cacarexando e sen plumas; que diría o canónico da catedral de Cuenca, Sebastián de Covarrubias nos tempos de Felipe II.

Miña sempre lembrada Fina : ¿A que xa non te lembras desta historia? Seguro que non; xa sabes o por qué:

Os dous galos, reloxos viventes
Dunha misteriosa causa,
Espertos coa alborada
Celebrando o Sol nacente,
Cos seus canto orde antes
Chamando a alegría,
Con gotiñas de rocío
Que amargada lavou
A nosa Fina.
Eran sonos de Fornelos,
De Fornelos da Ribeira,
Buscando novos destinos,
Deixando atrás os camiños
Que acompañaron a vida,
Para uns a vida,
Para outros a morte.

Síguenos: