O can de San Roque

can

Ou San Roque e o can; santo protector e sanador moi querido polas nosas xentes.

O can de San Roque se chamaba “Melampo”, é di a lenda que lle cortaran o rabo, sustentado nunha lenda que moitos dos meus paisanos e paisanas, descoñecen. Que se fala dunha epidemia, onde as xentes acudían a rezar é a refuxiarse na ermida de San Roque. Pesqueiras é un exemplo.

Non ai parroquia ao arredor que non teña unha imaxe do santo co can.

O parecer o esperto santeiro aproveitaba para venderlles uns pos máxicos que incluían herbas e raspaduras do rabo do can. Para facelo o suposto ungüento lle cortara precisamente, o rabo. Dito así, “Melampo” perdera o rabo por unha boa causa. ¡Digo eu!

Daqueles tempos pasados naceran algunhas coplas populares mencionando a San Roque é o can:

Por dicir “Viva san Roque”
Me levaron prisioneiro,
Agora que estou na cadea
¡Viva san Roque e o cadelo!

Arrímate a miña viña
Que san Roque,
Si ven a peste,
Dirá que non a toque.

Lémbrome de meniño xogar e cantar:

“San Antón co seu bastón
A San Roque pegou co pau;
San Roque mandoulle o can
E o porco mordeulle o rabo”.

Hoxe aínda me lembro cando percorría polas parroquias veciñas de Leirado, Ponteareas ou Pesqueiras a frase: “San Roque, San Roque, que este can non me mire nin me ataque”.
É un dos mais relacionados coa nosa xente:

  • Cando San Roque volve a costa, o tempo cambia.
  • Pasados Os Remedios e San Roque, xa non ai sesta nin merenda.
  • Polo Santiago a segar, e chegando San Roque, a palla no pallar, e o millo no celeiro.
  • A tradición mais estendida e que “O San Roque”, fora apresado como espía polas tropas francesas é pechado na cárcere de Montpellier onde morrera. Antes de morrer pedíralle a Deus que liberara da peste a todo aquel que invocara o seu nome. De aí a devoción das nosas xentes a tan venerado santo.

    Aínda estou imaxinándome co vestido de peregrino co bordón, cabaza,sombreiro, esclavina e concha, subindo algunha vez pola costa de As Fraguiñas para a Igrexa de San Xoán, mostrando a súa perna infectada, algunha das poucas veces, sacado en procesión, polo ofrecemento dalgún veciño.

    Do can con un pan na boca, e San Roque con unha idade mediana, faciana de cor morena e cabelo e barba negra.

    Esta é unha estampa mais de cando éramos pequenos.

    Síguenos: