Si mal non me lembro, si mal non me acordo

memoria lembro acordo

Lembrar ou acordar, son dous verbos que significan, ter presente algo na memoria.

Pero no momento de usalos, se comportan de forma diferente.

“Lembrar”, que tanto uso nos meus escritos, e un verbo transitivo; e dicir: “O uso sempre con un complemento directo posto que é “lembrarse de algo”. Lémbrome, por exemplo, dos días felices na miña infancia no eido de Cambra, no rueiro do Casco, na miña terra natal, Fornelos da Ribeira, onde “pasei os días felices da miña infancia” como complemento directo ou obxecto directo. Entón, o ser transitivo, tamén permite o cambio de oración a voz pasiva: “Os días da miña infancia son lembrados por min”.

Pola outra parte, “acordarse”, é un verbo intransitivo e pronominal, é dicir: Non presenta complemento directo, é polo xeral, aparece acompañado de pronomes persoais como “me” (Me acordo de ti). Así mesmo, este verbo leva un complemento coa preposición “de”. Exemplo: Me acordo dos días felices da miña infancia.

“Acordar” significa “chegar a un acordo”. Os transportistas “acordaron” non continuar co paro”, que en pasiva e “non continuar co paro foi “acordado” polos transportistas.

“Lembrar” é coloquial e para min, seu uso é moito mais que acordar. Poucas veces uso o verbo acordar, co sentido de lembrar que, en construcións co verbo facer: “Me fixeches acordar a miña Nai”.

Sen ser un experto, penso que ambos verbos expresan o mesmo, pero o uso depende de como o “falante” queira expresalo: “Lémbrome moito da miña Nai” ou “me acordo moito da miña Nai”.

Un destes caso é Miguel de Unamuno, en “Recuerdos de mi niñez y mocedad”(1.900) de “no recordarse de haber nacido”. Dicía: De que eu nacera, e o nacer é meu suceso cardinal en pasado, como o morrer será meu suceso cardinal no futuro; isto de que eu nacera e cousa que sei de autoridade, é ademais, por dedución.

Eu si sei que, aínda que non me lembro de haber nacido, sei, sen embargo, por tradición e documentos fehacentes que fun nado no eido de Cambra, no Casco, en Fornelos da Ribeira unha fría mañá do 17 de Xaneiro do 1.932, o cal me consola,porque foi un acto importante para a miña vida, logo de crelo en testemuño alleo.

Dende entón, !de cantas cousas me lembro¡

Síguenos: