O Venres Santo na miña terra

venres santo

Na miña terra de Fornelos da Ribeira, como noutras moitas parroquias o “Venres Santo”, se celebraba con moito recollemento.

Se vivía o íntimo drama da liturxia, o tempo que iluminaba é acendía o corazón.

Eu que era aínda un meniño, lémbrome daquel “Venres Santo”, as xentiñas vestidas de faldra de pano, xustillos con abalorios e lenzo de seda na cabeza; todo o mellor para ir a reverenciar e dar grazas o “Señor”.

Non me lembro da falta de algún penitente que por devoción persoal ou voto piadoso da súa nai, se prestara a representar o Nazareno. Pero si me lembro do paso do Santo Enterro acompañado por a Nosa Señora das Dores.

Lémbrome tamén, daquela procesión con rica cruz de prata, orgullo da parroquia.

Nenos en grupo.

Ninguén repetía o “Romance da Paixón” de Lope de Vega:

Coroado esta o Esposo
Non de perlas nin zafiros
Non de caraveis é flores,
Senón de xuncos e espiños.

¡Como non me vou a lembrar dos homes, poucos, é devotos, é das mulleres rezando o rosario, baixando pola costa ata As Fraguiñas rezando o rosario! ¡Como me vou a esquecer do entorno do cruceiro, coa inmensa emoción daquelas xentes e dos nenos empapados de fervor non acostumados! Imposible esquecerse.

“Moito lle pesa a cruz,
Os pecados moito mais;
Con eles deu a terra
Que non os pode levar”.

Aquela Semana Santa de Oficios, desolación e abstinencia xeral. . .

Todo a caída da tarde, coa procesión do Santo Enterro e o sermón a Nosa Señora das Dores.

Durante séculos os” fillos de algo”, de Fornelos ¡ que os había!, se reunían para render homenaxe de sentimento o “Noso Señor” e coa presenza realzaban aquelas procesións.

Naquela historia oculta, percorrín as aldeas do arredor, para captar aspectos da nosa xeografía humana, tradicións e ritos ancestrais que pervíran no século XX. É a dicir verdade me demostraron a dunha terra negra, miserable,esperpéntica e grotesca da vida humana.

Hoxe son para min:

“Bágoas na senectude,
Sorrisos de xuventude.
É te vas, e te irás,
Sen saber como
É a onde.
De tal modo como a rosa,
Que se queda sen pétalos,
Antes que a miña vida se vaia,
Volverei a contemplar,
Aquel fermoso rueiro.
Sei que marcharei,para sempre.
¡Que o Ceo os bendiga a todos.”

Síguenos: