A carballeira das Fraguiñas

turismo rural galicia as fraguiñas

Naceu cos primeiros emigrantes de Fornelos para Arxentina, que querían honrala Terra Nai.

Ben coñecida é, e a ela pedían e acudían, contra as enfermidades, vento, chuvia, néboa. E sobre todo pedían para que non houbera algunha desgraza. Con esta esperanza se foron.

Naqueles primeiros tempos levantaron as “fraguiñas” porque non tiña condición de fraga. E no seu honor levantaron un pequeno monumento de pedra, como cruce de camiños. Este monumento consistía nunha cantidade de pequenas pedras, unhas encima doutras, mais ou menos no centro de “as fraguiñas”. Alí se detiñan é se deteñen hoxe, mais ou menos, as procesións é os enterros baixo as advocacións de San Xoán é Nosa Señora das Dores.

É todo iso, para poñerse baixo a protección da Terra Nai, depositaria, de costumes, millo, viño,
seguros de conseguir os desexos feitos pola “divindade”.

As xentes de Fornelos da Ribeira, respectuosas coa tradición e as costumes, nunca xamais se esqueceran das súas obrigas, que rexían as súas vidas.

Di a historia, que nalgún tempo, de grande abundancia de millo é viño, a terra prodigaba exuberante vexetación, e ociosidade, apoderándose da aldea, esquecendo obrigas, é abandonando o traballo dedicándose o vicio e as orxías.

Fora, unha época sen precedentes.

Daquela o vicio dominaba aos homes e mulleres. Eles so pensaban en “xantar e beber”; é romarías sen descanso.Delas nada se fallaba. O desenfreo baixo “a carballeira”, invitaba a reflexión e a vida ordenada e normal. O final, chegada a época da “sementeira”,había que sementar si se pretendía recoller, pero ninguén pensaba en iso.

Querendo a Terra Nai, darlles un castigo, enviou a “seca”, e secaron o río Tea, o pequeno Rivera, as plantas; as ramas das árbores se dobraban e “a carballeira”, reseca e poeirenta parecía retorcida e sen vida.

¿Que importancia tiña, para as xentes de Fornelos? Dicía un: “Mentres dure a pampandurría, todo vai ben”.

Daquela, daba pena vela xente, os animais fracos, os maínzos sen froitos que se ofrecían xenerosos. . .

Os nenos pobres vítimas, so abrían os ollos para pedir que comer. O Sol, a chumbo. Unha veciña de “a carballeira” saíra enlouquecida, porque seus fillos morrían de fame e sede. É diante da Cruz (por iso se conserva, aínda que non, no seu lugar de antes), pedindo protección.

E foi a partir de aquí, que o castigo deu seus froitos: O renacemento da vida. E a realidade da “Carballeira de As Fraguiñas”: O levantamento da esperanza da vida.

Empezou a correr pola aldea a “boa nova da carballeira” que foi crecendo, e crecendo e dando landras para comer, mentres se repartía o tesouro que pechaban os brazos de NAI,
que lles había concedido a Natureza.

As xentes, entón, volveron e venerar a “Carballeira de As Fraguiñas” como a “Árbore Sagrada”
que os une e conserva a todos, é lles brinda pan e viño que reciben como un don.

Síguenos: