Síntome orgulloso de ser fillo de Fornelos da Ribeira

fornelos da ribeira

¡Así de claro!

Fronte o fatalismo é o espírito destrutivo dalgúns, quero ser un exemplo de arroxo e vontade, facendo fronte a cal quer desaire que se presente. Porque, cada día que pasa, ser fillo de Fornelos da Ribeira, é un orgullo; é un título. E penso que tódolos fornelenses de pro, estarán convencidos de que “ser de Fornelos” é, un orgullo, un feito, como eu, “nado en O Casco”, no eido de Cambra, representa un título.

Razóns hainas que xustifiquen este orgullo. Ser nado, impregna a todos unha débeda impagable, eterna, de gratitude e respecto, a Nosa Terra Nai. O vemos nos emigrantes que se gañan a vida en terras de adopción; porque tivemos que emigrar fuxindo da fame, da miseria, da opresión, ou de todo. Posiblemente.

É, por si a casualidade de ser nado en Fornelos da Ribeira, non fora suficiente, poderíamos recorrer a outros motivos. O principal, a Historia que transcende o feito biográfico da xente, que fai un chamamento racional a conciencia colectiva cos mitos e a súa épica. Mitos e épica, por certo, que soen ser pouco ou nada coñecidos polos demais, a hora de axitalas verbas. E isto é válido para cal quer recuncho da nosa terra. Si observamos a historia con detalle se chega a conclusión de que a única aportación notable de Fornelos a historia son os aloumiños. O resto cos séculos, son a historia accidentada. Pero o solar patrio é un orgullo; é unha causa obxectivada de orgullo, sen entrar nos motivos, valor ou logros obtidos.

Eu me sinto orgulloso de ser fillo de Fornelos, a pesares de ser unha terra nula en ciencia, pobre en filosofía, mediocre en case que todo. É penso eu que quizais fora a Relixión quen apelara o medo. Posiblemente. Pero tamén esta ofrece consolo as xentes convertidas en pezas da maquinaria infernal, chamada “sociedade”, privada de expectativas, de estímulos e de creatividade, pero a fe, a crenza do que un forma parte é algo superior. Así é que, me sinto orgulloso de ser fillo de Fornelos que vai mais aló do que fagan outros.

Estou orgulloso de ser da aldea, de compartir o meu DNI. coa talla de Tavares, Ozores, Álvarez de Soutomaior,Sarmiento, por un lado, é polo outro con Pilar Vázquez Cuesta, Ramón Piñeiro,
Carvallo Calero, Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde, Núñez Seixas, Curros Enríquez, Cabanillas, Pondal, Romero Ortiz, Neira, Cuevillas, Porteiro, Losada, Castelao, Alfredo Brañas, Manuel Murgía, Risco, Vicente Martínez, Celso Emilio Ferreiro, Laxeiro, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, Concepción Arenal e Rosalía de Castro (faltan mais), que valoraron sempre o espírito do pobo, buscando unha base social coa “Santa Causa da Redención da Nai Terra”, e daqueles pioneiros que retomaron o belo sono, fronte a historia chea de rancores, acubillo creador a “sombra da árbore sen fronteiras”.

Síntome orgulloso de ser fillo de Fornelos da Ribeira ¡por si acaso! ter vivido os primeiros anos nel, manter a dignidade por riba do medo, exercer a miña responsabilidade individual é impulsar o meu amor a terra onde fun nado, contra a pasividade doutros.

Síntome orgulloso de ser fillo de Fornelos coa responsabilidade, co valor, co suor, e sobre todo coa alegría de ser fillo desta Nai. ¡Nin mais nin menos!

Síguenos: