A almofada revolta

almofada

Consultada pola noite, desesperado é o lo conto por varias razóns ocorridas, aquela noite.
¡Que razóns, señor Demo!
¿Que ten que ver todo isto co epígrafe en cuestión?

O mesmo que o nome da miña pretérita noiva, cos sentimentos da súa alma.Certamente.

E digo eu que aquí debería poñer un punto redondo as doutrinas en materia de epígrafes, pero estou bastante convencido, e quero un obsequio seu, establecer algún parentesco de afinidade, entre estas liñas e “ti” que as encabezas.

– ¿Non te deteñas nunca en reflexión, si queira un instante, sobre o magnífico pronome?
– Non por certo.
– Entón…
– Entón nada. Nesas dúas liñas poderíanse consagrar a polémica épica.
– Pois vamos aló. Deixemos este árido traballo para os filólogos de oficio.

Por desgraza,aquel meniño deixara de ver,evaporándose a súa inocencia que envolvía o berce, respirando nos seus beizos o sonoro, fresco é docísimo beizo de tenrura do seu inmaculado corazón.

O primeiro “vostede” pronunciado na boca infantil dirixido o mestre na escola. Ano 1.937. Hoxe concluído con un “ti” democrático na infancia.

Naquela almofada revolta, o meniño aprendera no seu trato con respecto o uso do “vostede”, o “ilustrísima”, o “excelentísimo”, “santidade” para usalas cando as circunstancias así o aconsellaran.

Así foi ata os 5 anos; encombrado de excelencias ata mesmamente o porteiro das comunidades. Mais ou menos como no noso veciño Portugal no que todos son excelentísimos señores.

Aos 20 anos, é sobre todo aos 40 a casualidade o honra poñéndose en contacto co señor excelentísimo ou, por si acaso, reverendísimo, pola graza particular de cada quen.

Agora: Benvidos meniños da nosa terra, porque sodes vos os que “atuades” o mundo.
– ¿Porque me atua, vostede?
– Porque hoxe está ben visto.

Aquela noite na habitación, na cama, coa almofada todo parecía de rosas. O “ti” resoaba no meus oídos, sen escoitar nada, os arrolos da namorada almofada, era si case que de música celestial. Un simple cambio de pronome transportado da Terra o Paraíso.

Sempre daquela, significaba amor, esperanza. Alimento indispensable, pero despois…

– ¡Maldito pretérito que non volverá a ser tempo presente!
– Benaventurados hoxe os que teñen 20 anos, porque no “ti”, mais ou menos os encontramos.
– Pasaron anos…
– Todos nos atuamos.. E as mozas sorrín coas súas anxélicas facianas que so mentes elas posen, e os homes engurran o sobrancello. Dentro deses dous pronomes estaba a felicidade perdida, para nos. Tal vez sexa verdade.
– Meniños seguide atuando a todo o mundo, pero non fora de tempo”.

Nesta almofada revolta, xirei a cabeza, e me lembro da casa de aldea, de Fornelos da Ribeira, entre os espeso follaxe do viñedo, maínzos e verdes hortas, o cantar do xílgaro e merlo en alegre concerto de notas graves e agudas. Altos maínzos atravesados por sendeiros estreitos que apenas deixaban paso os raios de sol, e a presenza apracible da aldea, onde correra tranquilo algúns anos da miña vida de adolescente.

Naquela almofada revolta, se alongaban tódolos contos da miña nenez. Houbera dado a metade da vida por estar hoxe naquela cama. ¡Non puido ser!

Os medos, non son, amigos meus, como algúns cren, a negación do valor, non; senón, o resultado dos erros que nos inculcaron de pequeniños.

¡Vinde vos, pois, despois disto, a definirme o medo!

É así, como quen non quere a cousa, apoiado a cabeza sobre a almofada, quedarei durmido. Dicía Virxinia Woof: “A vida é sono, é o espertar e o que nos mata”. Aquí deixamos todo.

Síguenos: