Nelly Ernestina Estévez

noite morte

pomba
No mes de outubro do 2.016, logo dunha vida chea de dramas coa sociedade mesma, se escapa o Ceo, fechando a súa vida neste Planeta Terra, na Arxentina, esta parte da familia.

Nelly Ernestina, pouco escribía é cando o facía, relatábame a historia da súa vida, dos seus pais Ernesto Estévez oriúndo de San Martiño de Moreira (Ponteareas) e de súa nai Pirucha (Pilar) Estévez, que non era Pirucha senón, Josefa, do rueiro de A Laxe, do Casco de Fornelos da Ribeira (Salvaterra do Miño), xerando admiración en Bos Aires co seu nacemento un 23 de Decembro de 1.925.

Nelly Ernestina, aínda que non o pareza fora un icono como Perito Mercantil, profesión que amaba, grande lectora, con unha infancia sometida os avatares do tempo. Fráxil dende a súa infancia, pero sobre todo lista para a realidade existente durante os seus 90 anos de vida.

Nelly Ernestina, foi unha muller “dos males do seu tempo”, nas que tiñan que dedicarse a formar un fogar (moi a pesar do seu pai), a docencia, xustamente obrigada a axudar a familia cando a ela se lle ocorre rachar eses molde para dedicarse a outras cousas. ¡Lonxe estaba aquela Nelly, da vocación de solteirona!, pero así morreu desgraciadamente. No ano 1.945 cultivou o hobby de costureira, entre costuras e distraccións. A ela, a meniña e fráxil Nelly, se lle ocorre dedicarse con alma e vida a preparar envíos a terra de seus pais, onde non había mais que fame.

Lémbrome que cando a coñecín persoalmente no ano 1.949/50 non temía os espidos do seus sentimentos, nin pensamentos mais profundos, nunha época na que se escondían todas esas, como era o “agasallo” de noivos baixo a capa de prexuízos a seu pai, libre de todo pecado.

Lémbrome que da correspondencia, por exemplo do 10-10-2.008, agradecía a Deus o verdadeiro afecto que lle brindamos, lembrando a felicidade que compartirmos sendo mozos polo eido de Fornelos, naquela súa estadía en Galicia.
Nelly foi un poema de amor, súa voz doce, feminina, audaz, para os desgraciados do mundo, comprendida por min, sen pecado capital, é morreu soíña, na paz do silencio, no seu apartamento da rúa Paraguay, na esperanza dunha nova vida. Ela, só ela, se enfrontou o seu pecado estigma, por riba das dificultades.

O evocar a perda da súa morte, un 20 de outubro do 2.016 a sentín con un forte cheiro de velas acendidas pola maña as 12, é pola tarde as 20 horas coa visita dunha pombiña, sinal elocuente da súa viaxe sen retorno, marcada pola “marca” Arxentina, impresa na súa memoria.

É así, envolta no misterio do final da vida terrea, nos deixou en soidade é tristeza combinada coa noticia da súa morte. D.E.P. é a miña lembranza eterna.

Síguenos: