O meu aplauso…

barcos muros galicia Manuel Fabeiro Gómez

O Ministerio de Agricultura por recoller, difundir e conservar, a o menos en parte, o Catálogo Documental Cinematográfico Agrario (1.895/1.951), da nosa humilde historia de Fornelos da Ribeira, co título: “GALICIA E BUENOS AIRES”, dirixido por Saturnino Piñeiro e feito por Xosé Xil, coas escenas gandeiras e agrícolas, a feira do gando en Ponteareas, e a inauguración da sede social do Sindicato Agrícola e Gandeiro, “El Progreso”, entoando a Marsellesa e o himno de Riego, como vento liberador daquel momento.

O meu aplauso, polo rodaxe que ven a demostrar o dominio do medio, do noso veciño de As Neves, Xosé Xil, e o entusiasmo de Saturnino Piñeiro, presentando irreprochablemente os aspectos mais interesantes da nosa benquerida terra, que desexaba andar polo bo camiño, pois sabía que a cultura era a base fundamental para o desenrolo e progreso dos pobos, que todo quedou nun pero…

A nosa xente quería dar unha visión contada por eles mesmos, explicando así a reforma agraria da II República, que era para os nosos labregos a vida. Comprendían perfectamente que a República trataba de remediala situación , pero quedou en ilusión.

O meu aplauso a Xesús Presa, meu amigo, de “LARGANDO LASTRES E LETRAS”, dando testemuñas do documento que tanto nos honra. E probando, como di Presa, que os aforros enviados, se usaban para financiar as infraestruturas económicas, educativas e sociais da parroquia, que non deixaba de ser unha aldea con ilusión e coraxe.

Tamén o me aplauso, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, evocando a ilusión dos fillos de Fornelos da Ribeira, polo progreso co estreo do Sindicato Agrícola e Gandeiro “El Progreso”, o 14 de Xuño do 1.931, con algunha escena de O Casco (a escola e o escudo), e a Laxe, con algún familiar na malleira.
O meu aplauso, o “Patrimonio Histórico Cultural da Cidade de Bos Aires”, que recolle dente o 1.840 a 1.930 os primeiros pioneiros de Fornelos, Xosé Manuel e Manuel González, como a súa fábrica de ferramentas e utilizada como “porta de entrada” en Bos Aires.

Non deixo de lembrar os Cambra Rivas, do Casco, tamén de Fornelos, os que estou buscando e penso dar con tódolos seus descendentes. De Xoán Bautista, de Xosé María e de Xesús, xa teño coñecemento.

E daquel Fornelos de antes, hoxe e sempre, o meu aplauso os 37 fillos de Fornelos que fundaron “LA CONCORDIA”, en 1.904 a iniciativa dos irmáns Manuel e Xosé Manuel González, Ricardo e Constante Sestelo, co xurista, meu tío avó, Rogelio Estévez Cambra, que entre os cinco, aportaron o 74,4% dos fondos iniciais dos 37 asociados. Todos eles, sen excepción mantiveron unha forte unión coa aldea onde naceron.
Tamén, o meu aplauso, a Xosé Manuel Núñez Seixas, que recolle en ESTUDIOS INTERDISCIPLINARIOS DE AMÉRICA LATINA, o memorando da JUVENTUD PROGRESISTA HIJOS DE FORNELOS E ANEXOS, de Bos Aires fundada en 1.920,como sucesora de LA CONCORDIA.

Aquel sindicato El Progreso, acendeu a luz da esperanza no corazón da xente, por un mundo mais humano, onde fora posible a concordia e convivencia pacífica dentro do marco das liberdades que foran bandeira doutros próceres. E foron moitos os que enarboraron a mesma bandeira, pero aquí, como outros lugares, foron simples foguetes de artificio para desalugar incautos e cazar votos. No eido de Fornelos, foi outra cousa a pesar dos perigos, como sabían todos. Deses perigos xa se falaban no día da inauguración da sede social.

Ei de lamentar o pouco coñecemento dos fillos de Fornelos que actualmente estamos vivos, da escasa importancia que lles damos a estes feitos, e do indeciso que somos para expresar o noso agradecemento creando un monumento en As Fraguiñas, que testemuñen a nosa lembranza para o presente e futuro. Nunca será tarde si se fai.

Síguenos: