O fillo do chispa

chispa

Alfredo Souto Rodríguez de Fornelos da Ribeira, finado o 7 de Xullo do 2.016 (D.E.P.).

Cando un se aproxima o alcume, intenta comprender o seu significado gramatical, o seu orixe histórico, coa axuda das fontes, con non poucas saudades é, con sorpresa descobres que non é o que un cre que é, para deixarse ir polas aparencias.

É, mais ou menos, como cando alguén di: “Estar sen branca”, “non valer un bredo”, “estar sen un euro”, “non valer un pemento”, que teñen a súa razón de ser.

O asombro e a desfeita está na aparencia das locucións, e moitas veces o “metela gamba” se xustifica que algo temos de animal.

Eu, por si acaso, non direi “desta auga non beberei”, aínda que a expresión e sabia, pero incorrecta, ou o menos inadecuado aquí.

Eu, como as pedras do meu Fornelos da Ribeira, abro os ollos para indagar de onde provén “O Chispa”. Si da vida, para probala; si da ausencia dos deuses, ou da chispa que activa o atractivo. Non o sei.
No día de hoxe, ninguén sabe xa do por que, nin de onde ven “O fillo do chispa”. ¿Será da Terra da Chispa? ¡Vai ti a saber!

Penso eu que tanto a el como o seu pai, algunha vez o vira pasar polo rueiro de O Casco, estando sentado o pe do cruceiro que felizmente aínda existe. Tempos de abandono dos oficios, etc.

A razón apagouse para sempre. Razoo que a chispa da vida e ser fillo, dun fillo de Fornelos da Ribeira. E con Alfredo Souto Rodríguez finado o 7 de Xullo do 2.016 apagouse para sempre. Que descanse en paz e que tódolos o lembremos con afecto e con cariño.

Cando a xente lle pon un alcume os veciño, pode ser polo enxeño, a graza, a agudeza familiar, borracheira ou por botar chispas de anoxo e furor, porque de ser pola borracheira seria “chispo”; e dicir: Achispado ou bebido. Penso eu que mais ben sería pola súa moita chispa. ¿Teño razón?

Digo eu que as xentes da nosa terra poderían engadir a “chispa”, cada día do ano, en activar a cultura e o espírito de superación, dándolle importancia o esforzo persoal en beneficio de todo o pobo. Así o espero.

Síguenos: