O chamado benestar social

benestar social

Supuxo a culminación dun modelo de acontecementos do pasado século XX que principiou no século XIX. Para iso foi necesario a implantación doutro modelo para as empobrecidas xentes, tras a II Guerra Mundial. Pero ¡ollo! non foi para favorecer a xentes, senón, para paliar os males do “mercado”, conciliar a sociedade capitalista, coa supresión da pobreza e a inseguridade, con pactos entre clases que puxeron freo o capitalismo mais resentido.

A nos chegounos algo grazas os altos niveis de benestar social dos nórdicos e algúns outros. A nos tras a Transición, xusto cando se empezou a universalidade dalgunhas prestacións. E foi entre 1.989 a 1.991 coa “desfeita” do bloque comunista que deixou triunfante e sen inimigo o capitalismo.

Para nos mulleres e homes, tivo moita importancia política e social. Un exemplo: Os países que lograron maior benestar, Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia, tiveron un índice maior de mulleres nos gobernos, e unha maior integración de mulleres no mercado laboral; e son as que prestaron e prestan mellores servizos as familias, o que supón beneficios engadidos. Na Suecia, con unha democracia avanzada, ten un crecemento positivo con altas taxas de xente activa feminina, subsidios para os fillos, subvencións para a atención infantil, dereitos para pais e nais, permisos por maternidade pagado, sen esquecer a paternidade, e moitas cousas mais que nos enchen de envexa natural. Algo que non ocorre nestes eidos.

Aquí a falta de igualdade real no ámbito privado se une a discriminación, mais ou menos explícita no ámbito laboral que explica o descenso da fecundidade na muller. E non falemos do sistema público das pensións nestes momentos, nin da economía sumida, nin tampouco dos beneficios astronómicos dos empresarios e políticos restando cartos a sanidade, educación e paro.

Aquí se quere que a muller siga case imperceptible, obviando que e ama de casa e co traballo doméstico, realiza traballos de limpadora, enfermeira, cociñeira, pedagoga e non sei cantas cousas mais.

Estou de acordo coa manifestación do 8 do Marzal, e lémbrome de Concepción Arenal, cando dixo: O primeiro que necesita a muller e personalidade, independente de si e casada ou non; e persuadirlle de que solteira, casada ou viúva ten obrigas que cumprir e dereitos que reclamar.

E xa está ben de que se vexa abocada a vivir da beneficencia pública ou da caridade privada.

Os agoireiros veñen animando o final do “estado de benestar social”, baixo certos formulacións sospeitosos de intereses ocultos. E somos os culpables de votar a todos aqueles políticos en mans dos todopoderosos amos dos mercados.

Síguenos: