A instrución pública na miña aldea

escola lourido

Considerable e digna foi a atención dos emigrantes de Fornelos da Ribeira, en Arxentina, que exerceron economicamente a evolución da Escola Pública, con amor e cariño a terra nativa. Pero si foi digna, foi mais aínda a perseveranza en tempo e gasto.

Nada mais lonxe do meu propósito que facer crítica positiva dos “bos e xenerosos” do noso bardo inmortal. A colaboración educadora que poidan ter os naturais, inclinacións e un longo etc… que aconsella sempre a educación.

Neste terreo os nosos emigrantes sementaron economicamente a realidade positiva dos nenos. E se me antolla, que a pretensión de que saíran da escola da nosa aldea, non so preparados para a emigración. Eles pensaban que era necesario preparalos para outra cousa, non so, no campo, senón para aquelas pequenas profesións relacionadas co traballo e cultivo da terra.

Na Constitución do 1.812 se consagraba:
1) Que a educación pública fora sostida polo Estado.
2) Que a educación pública fora laica.
3) Que a educación pública fora gratuíta.
4) Que a educación pública fora creativa.
5) Que a educación pública tivera carácter social.
6) Que a educación pública se desenvolvera en tres graos:
– De 4 a 6 e de 6 a 12 anos.
– De 12 a 15 e de 18 para educación superior.

Os nosos emigrantes na América, fixeron todo o posible para que as nosas Escolas Públicas foran como debían ser, exercidas por mestres que coñeceran a maneira de ser dos nosos nenos, e para que a educación fora para mulleres e homes útil para si e para a sociedade.

Eu digo sempre que para aqueles que mantiveron vivo o sono colectivo daquel amañecer, ben se merecen un aplauso de todos nós. Ben merecido o teñen.

Os intereses dos nosos emigrantes, enviando cartos, para a construción do cemiterio e as escolas, está documentado, incluso no edificio da escola das nenas, que algún “avespado”, que sempre houbo, o vendeu a ¿Quen? Ilegalmente.

1.904 a vida penetrou na escola dando vida nova a Fornelos da Ribeira. Ideais novos empezaron na mente de todos. E como dixo Cicerón: “Se queres aprender, ensina”. E nos non sabemos, nin se queira, dar as grazas. ¡Así é a vida!

Síguenos: