Os misterios da vida

neno anciano vida morte

Sigo estando cheo de exemplos e seguirei, porque vivo nun mundo infinito, cuxo principio ignoro. Do misterio da vida, morrerei sen sabelo, porque de moitas especies e plantas, nace a vida, sen explicación algunha, que eu saiba.

Sigo a historia evolutiva e me encontro co tomate, con ser moito menor o do ser humano, ten 30.000 xenes mais que nos. E me pregunto: ¿Por que? E non encontro resposta. So encontrei paradoxo do valor C, o fenómeno que indica a ausencia de correlación entre tamaño físico e complexidade xenética.

Non hai un día que non lle de voltas a pregunta: ¿Que é a materia escura? E moi a pesares de que o 27% do universo está composta desta materia (non emiten luz), sei que existe, pero nunca ninguén puido comprobalo nin observala. Eu ¡Pobre de min! tamén sei que existe, pero non a vexo.

Levo algún tempo pensando, como afeccionado que fun a astronomía, como os entendidos sacaron a Plutón da lista de planetas, o volven a por, o volven a quitar, e por riba descobren un obxecto mais grande que el. A historia de nunca mais acabar…

Outros dos misterios da miña vida están nos sonos que moitas veces me pregunto:¿Por que?

E penso que son imaxes o azar, impulsos do cerebro, quizais lembranzas que un ten, problemas e preocupacións. Nunca puiden comprobalos.

Xa sei que os científicos din que simbolizan algo oculto na psique, pero non sei…

¿Cantas veces me pregunto, como xorde a vida? Agora quixera viaxar no tempo ata o orixe, pero non podo. Hai quen di que a vida chegou de afora, será verdade, pero para min e un milagre.

Tamén non fai moito tempo, observei lembranzas de experiencias próximas a morte. Unha delas foi miña irmán e xustamente un mes despois a morte da prima Nelly en Bos Aires.

¿Que e a vida? Cando penso no misterio vaime a imaxinación as dúbidas sobre as leis da natureza. Un misterio na mente de todos.

Eu, as portas do final da vida, apenas son unha partícula na inmensidade do universo e seus misterios. E por aí ando.

Síguenos: