As infusións que perdemos

infusións

Estoume referindo o té da frouma do piñeiro, a agulla do piñeiro, que temos todo o ano, e descoñecemos os múltiples nutrientes que teñen para o noso organismo.

E unha variedade de té que me chama a atención por ser descoñecida actualmente, cando polos anos 1.850 a viña aplicando o meu bisavó Clemente Francisco Cambra, profesor cirurxián, en Fornelos da Ribeira que vivira no rueiro do Casco por esas datas.

Lémbrome das súas calidades como a vitamina C, que é un auto oxidante que nos protexe as células do ataque exterior. Conten mais do dobre que cal quer cítrico.

O podemos preparar con un puñado de froumas ou agullas de piñeiro, pondo unhas cantas a ferver, logo as deixamos repousar, colamos, e o líquido o bebemos. Así nos cargamos de enerxía.

Eu invito os meus amigos que me seguen, a que proben a experiencia, e dun modo especial, a Chelo González e Elda Marin, para que lle voten un pouco de azucre, ou unha culler de mel, ou unhas gotiñas de augardente ou anís, e probar que tal sabe.

Din con un tratamento, para un vaso de auga, 40 grs. de agullas de piñeiro frescas, lavadas previamente. Coladas e beber o contido, unha ou dúas veces o día, despois das comidas.

Outra das infusións e a da ortiga, rica en depurar o noso organismo, que non sabemos. Iso si, hai que recollelas con coidado pois pican. E diurética, con potasio, e se ve favorecida en flavonoides, vitamina C, B, K1, magnesio, etc.

Se di que con dous vasos de infusión de ortigas o día, nos pon en marcha…

Non esquezades que as follas teñen uns piliños con silicio e outros contidos. Val a pena telo en conta.
Preparade unha culler de follas secas de ortigas, nun vaso de auga con unha culler de mel.

Dúas veces o día, din, senta ben.

Síguenos: