O noso imaxinado

Fornelos Da Ribeira

O noso Fornelos da Ribeira como o resto do Condado de Salvaterra, precisaron de espellos no que se mirar, para confrontar a imaxe propia, e a persoa que perdera a memoria, nunca acabou de recoñecerse no espello, nin a identidade, nin a imaxe de cada unha. ¿Pasoulle isto a Fornelos? Porque constituír a imaxe da nosa terra esixiu un longo traballo. E, non todos aceptaron a idea de que formamos parte dunha realidade.

A partir do medievo, a imaxe de Fornelos da Ribeira, influxo de acordo coas súas vicisitudes habidas, pero naqueles séculos escuros foi cando se puxo en marcha a emigración na parroquia. Non foron poucos. Ben e sabido, non so axudaron economicamente a realidade da parroquia, senón tamén, a imaxe. Aquí está.
A influencia dos 137 emigrantes na configuración do símbolo de identidade o sabemos todos. Non so pola axuda económica para arranxos de rueiros, cemiterio e as escolas, senón tamén, para as asociacións culturais, e os aportes de revistas, reconstruíndo a nosa identidade.

O noso imaxinario popular perfilou a imaxe que hoxe temos de nós, no marco dunha limitada formación – salvo algúns casos -, sobrantes de necesidades para desgraza nosa.

Esta é a nosa historia. Non se pode entender sen o legado achegado a nós, polos nosos emigrantes. Arxentina recibiunos a todos. Bos Aires, xa no 1.904 aflorou o impulso dos cambios sociais, económicos, políticos e culturais, que tanto nos honra.

Fornelos da Ribeira, sen a mirada dos seus emigrantes non entendía de moitas cousas. As revistas, apelaron as emocións para difundir a imaxe da nosa terriña. Botaron man da imaxe, para atender o noso imaxinario mundo.

A saudade como símbolo, sempre tivo unha proxección sentimental. O que Piñeiro definiu como “significado meta físico”. A cobiza do lonxe, do que está por chegar, lembranza duna luz, que nos fire na vaguidade do sono.

¡Cando penso da imaxe das mulleres mirando o horizonte pensando na nosa aldea, fillos, homes, noivos, cun desexo de volver…! Evocando as lembranzas de Fornelos coa reprodución na mente dos rueiros, dos camiños, das vacas, dos eidos, dos campos, do río Tea e o muíño…

Quen aquí quedou, asumiu a dura realidade que Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro retrataron coas “viúvas de vivos e mortos”.

¿Seremos nós capaces, algún día, de telos en conta?

Síguenos: