A homenaxe

Convén lembrar, como a revista Céltiga, de Bos Aires, fala do éxito do festival que o 8 de Xullo (1.925), realizou a “JUVENTUD PROGRESISTA, HIJOS DE FORNELOS Y ANEXOS”, no salón teatro do Orfeón Español, na honra do seu presidente honorario Rogelio Estévez Cambra, con motivo do 5º aniversario da fundación da entidade.

E fala, da prestixiosa personalidade do homenaxeado, acreditada de contido pola actuación honorable, sempre destacada que lle vale o respecto e a admiración dos seus conveciños, e de cantos o coñecemos que deu motivo a que na ampla sala do Orfeón Español, se enchera de bote en bote, e que o homenaxeado lle fora tributado, recollera toda a característica dun grande acontecemento.

Xosé Corbacho, presidente da sociedade ofreceu o homenaxe nestes termos:
A sociedade que teño a honra de presidir tivo o feliz acerto de celebrar esta velada na honra do noso presidente de honra, Rogelio Estévez Cambra.

E para min, unha misión delicada, porque a miña verba non será suficientemente elocuente para interpretar tódolos valores morais, méritos persoais e intelectuais da persoa a quen se lle tributa este humilde homenaxe; pero isto será substituído polo profundo sentimento de cariño, respecto e sinceridade que dita estas liñas.

Rogelio Estévez Cambra, ao arribar a este nobre país, moitos anos fai, non viu so co seu caudal da xuventude e boa vontade, como a inmensa maioría dos que chegan a este inmenso crisol, onde se remexen tódalas razas, e tódalas actividades do traballo humano.

El trouxo, ademais, grandes e nobres desexos coa súa preparación intelectual e súa beleza moral, que o fixo destacar en tódalas facetas nas canles lle foi preciso actuar.

As virtudes herdadas dunha rama de estudosos, cuxo apelido é, alá e acá, pronunciado con cariño e con respecto, soubo Rogelio Estévez Cambra, manter incólume, como seu, a mais venerada tradición.

E este é, o mellor brasón que pode ostentar a don Rogelio, como cariñosamente lle chamamos.

E ben conquistado o ten, porque os títulos se herdan, pero a virtude e as belas calidades morais, so son patrimonio de quen as sabe aquilatar.

Radicado dende fai moitos anos na progresista c idade de Bahía Blanca, en mais dunha oportunidade sentimos a mais franca e íntima alegría, e tamén orgullo, cando as revistas e prensa, citaban con cariño a don Rogelio, sempre prodigándolle xustísimos eloxios e publicando algúns dos seus fermosos artigos, onde a lembranza dos seus primeiros anos, se traducían nun profundo amor a seu pobo natal: Fornelos da Ribeira.

A súa actuación entusiasta o fronte da filial “CASA DE GALICIA”, de Bahía Blanca, nos deu evidentes probas do seu cariño a Galicia.

A nosa sociedade lle debe, entre outras cousas, que xustifican o seu altruísmo e decidida vontade, o meditado e paternal consello, que en tódolos casos foi necesaria a súa opinión, sempre sensata, elevada e patriarcal.

Así tamén goza en Bahía Blanca de igual ascendente, conquistado nas boas esferas sociais e se expande ata nós, esa aureola con tal forza, que nos produce a mais grande satisfacción dende que podemos considerala como causa propia.

Por tan altos méritos, esta sociedade desexando tributarlle un homenaxe de gratitude, dedica esta velada artística na súa honra, que aínda que modesta nas formas, leva no fondo toda a admiración e cariño e respecto que todos lle profesamos”.

Quedan bosquexados os grandes rasgos, pálido bosquexo en verdade, dos valores morais do noso estimado presidente honorario, Rogelio Estévez Cambra, a quen desexamos de todo corazón que a alegría, sexa nel, nestes momentos tan grande como a que sentimos nós, o lembralo.

Pola nosa parte, nos adherimos o homenaxeado facendo nosas as verbas do presidente da Sociedade “HIJOS DE FORNELOS”, e dedicándolle esta paxina o acto tan xustamente realizado.

Para min, como sobriño neto, éncheme o corazón de pertencer a esta loable familia.

Publicado na revista “Céltiga” de Bos Aires.

Síguenos: