O vieiro que facemos o andar…

aldea

Hai un único viaxe na nosa vida, que o iniciamos o nacer, aquel que no camiño vamos construíndo con outros seres que nos acompañan, nos coidan, nos aman, e de pronto desaparecen cando chegan o seu destino final, ou simplemente nos abandonaron porque cambiaron de ruta.

Aquí nos damos conta que habíamos iniciado o viaxe so, e quedamos na estación final. O importante non é o destino final, senón, o camiño que facemos o andar.

E difícil poder describir nunhas poucas liñas, a miña aldeíña de Fornelos da Ribeira, porque a pesar de ser unha humilde aldea, seguramente quedará no tinteiro, feitos e rueiros sen coñecer e sen relevar, pero como di o refrán, “para mostra vale un botón”. E aquí hai moitas vivencias que descubrir no meu Fornelos da Ribeira. E digo da Ribeira porque hai outros Fornelos mais.

O meu Fornelos da Ribeira, é unha humilde aldea convertida nun paraíso terreal. E unha aldea situada o sur da provincia de Pontevedra, no Concello de Salvaterra do Miño, noutro tempo, Concello do distrito de Ponteareas.

O meu Fornelos e un sono de terra de viño propio. Tamén expresión de “Vai pro carallo”, de cando os nosos emigrantes saían da terra para América, mareados de que “non servían para outra cousa”.

Fornelos da Ribeira, é para nós, a árbore da vida, que todos levamos no corazón; e a terra, son os sentimentos mais profundos. E a “NAI”, o corpo da muller, dos brazos que fraquean, froitos e flores pola súa vea, circulando sabia que vai nutrindo o seu paso, descansa no ventre, e finalmente volve a espertar.
A este noso Fornelos da Ribeira so lle falta unha escultura dedicada os nosos emigrantes que tanto fixeron no seu tempo por nós.

Síguenos: