A carallada

carro bois carallada

¡O que son as cousas! Eran as nove da mañá dun día cal quer do mes de agosto, e o Miro e outro veciño do rueiro do Casco, turraban no carro coma si fosen dúas vacas xunguidas.

Lémbrome precisamente, de cando o veciño tivera que desfacerse das dúas vacas, para facer fronte a unha débeda, e logo botou man do novelo, que estaba sen amansar, e aínda non tiña o medio axeitado para compaxinalo coa súa nai.

O veciño desxunguiu o xato, e xunguiuse con el.

Eran outros tempos. Estamos falando do ano 1.945, pero as veces o rememoro deste xeito.

O fillo do veciño os ía acompañando. O rapaz, que vive en Vigo, desexaba coñecer as costumes da parroquia. Por iso apuntouse as manifestacións culturais que xurdían por entón en Fornelos da Ribeira. Sobre todo, nas que promovía o seu tío.

Agarrado a o carro, tamén axudaba a camiñar polo rueiro do Casco, cara a punta da beira chan, fronte a Tenda de Ron.

O curioso non fora que colocara o carro alí, o curioso e que nese día estaban de voda. Casaba a filla e había que estar preparados para o evento, porque era a última que quedaba por cambiar de estado civil, da familia, que na paz de Deus xa están todos.

Fora un día moi atarefado, por iso madrugaran para deixar todo listo. Querían regresar pronto para presidir a marcha, polo que ningún debía aproveitarse de algo que xurdira espontaneamente da cultura do noso pobo.

O Miro, estaba contento, porque o seu enxeño tiña continuidade, xa que os veciños foran quen prepararan todo para o evento.

Non quere que se faga “a carallada”, porque no momento que alguén queira mangonear a conveniencia, pasaralle, como todo o que se fai na aldea, non perdura no tempo.

Estaba animado porque a pesar dos atrancos do día, coa voda, a marcha presentábase farta de “amantes do viño”, para encher o bandullo de viño e porco. Aínda que hai quen pensa que isto e unha montaxe para non se sabe ben de que negocio, non se desanimou e cada un intentou cal quer outra carallada, para que esta carallada de aldea non decaera.

Naquel tempo poucas axudas había, pero el era de piñón fixo, a pesar da cerimonia. Foi alegre, notándoselle nas meixelas que relucían, aínda que o viño non chegara ao seu final.

Débese ter coidado, para outra vez, e corrixir, antes de vender a “cunca”, o pano, e sobre todo as verbas escritas na “cunca”.

Un ¡Urra! Para o Miriño e os seus veciños que grazas “as caralladas”, congregounos, dando vida a esta aldea de Fornelos que tanto o necesita. Porque daquela, a desidia, a falta de compromiso dos veciños era total.

A historia está sempre escrita. Os contos, as lendas e as historias pasan de boca en boca e trocan o seu significado por cada maxín que pasa.

¡Que Deus os coloque o seu carón, que e o que todos desexamos!

Síguenos: