A chasca do rabelo, en Tortoreos

tortoreos

Ninguén soubo o por que lle chamaban a Chasca; si era porque se dedicaba a recoller a leña miúda, para acender a fogueira; si por levalo cabelo enredado e desordenado. . . Si é como di, o “Cervantespedia”, porque usaba un enxeño de madeira con unha pinza e bola ao extremo que servía para facer ruído e incluso, porque sabería facer o prato mexicano de graos de millo, crema e queixo. Non o sei. O que si sei, e que sendo eu pequeno, A Chasca, era unha muller ergueita, ben parecida, e camiñaba con esvelto, levando enriba da cabeza, asentada na rodela, que facía co pano da cabeza, cargada coa mercadoría que apañaba na vila de As Neves, mentres gañaba uns cartiños lavando a roupa dos señoritos da vila.
Nunca entendín porque vivía soa, aló, no rueiro do Rabelo.

Aquela muller, me lembro, que vivira sempre apertada, co traballo facíalle fronte, e non se engurraba, non. Sempre disposta a axudar a todos. E axudarse a si mesma.

Como non tiña gando, non podía ter esterco, polo que a súa teima era varrer as follas caída das árbores, agora no outono, amontoándoas nunhas cuncas que había, para mesturalas cos excrementos do gando, que tamén recollía, para logo levalo a unha leira que tiña da súa propiedade.

Xa ninguén se lembra da boa da Chasca, pero lémbrome eu de como aquela muller sen sabelo era unha adiantada da biomasa.

Lémbrome tamén sendo rapaz, con outros mais, nas noites de estrelas, cando xogábamos no verán as escondidas, esparrabamos a muller toda a súa obra, cando nos escondiamos baixo as follas.
De novo tiña que xuntar toda a desfeita.

A veiga que tiña por debaixo do eido da Pastora, que na gloria estea con ela, parecía un verxel, e o gando recreábase nela, porque a folla non podrecía aquela herba. E todo, grazas as necesidades daquela muller.

Naquel tempo de fame e miseria, o Concello de As Neves, mercara unha máquina para manter limpa as gabias. O problema era que había maquina pero faltaban os recursos humanos para mantela. E a única máquina que manexaba a Chasca no Rabelo, era unha vasoira de codeso con mango de salgueiriño. Velo para crelo.
Así se escribe a historia.

Síguenos: