A mirada do moucho

moucho

Tanto no Condado de Salvaterra do Miño como na miña aldea de Fornelos da Ribeira, quizais mais na miña aldea, no comezo do século XVIII, cando empezou a emigración a Bos Aires. A o menos foi a primeira en decatarse do fenómeno, maioritariamente masculino, deixando, como dicía Rosalía de Castro, “as viúvas de vivas e as viúvas de mortos”.

E foi Arxentina, a que xogou o papel espiritual da terra. Alí, homes de talla alta, Castelao, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Lois Tobío… E foi esta emigración a que marcou unha etapa en manifestacións culturais, sociais e económicas, concienciadas co fenómeno, que chegou a nós.

Co paso do tempo, naceron asociacións, para min, irmandades, que remexeron os emigrantes con carácter propio, fronte as dificultades que se lle presentaron nun mundo alleo.

Hoxe, ¡Bendito sexa! as temos dentro e noutras partes do mundo, desenrolando a identidade galega. Foron homes e mulleres de Fornelos da Ribeira (Condado de Salvaterra do Miño), que tiveron que abandonala terra, pola fame e miseria nuns casos, e noutros por razóns políticas, que tamén as houbo.

Fornelos da Ribeira como parroquia ou distrito de Salvaterra do Miño, empezou no 1.715 coa inauguración da Igrexa de San Xoán, quedando so os vellos.

Xa me gustaría a min, retratar nunha mirada, como o moucho, a miña aldea, recollendo aquelas facianas da emigración, aqueles fillos, sobriños, netos que aínda conservan dende Arxentina as lembranzas da orixe.

Veñen me a memoria, aquelas malladas en común dos veciños. Por iso, cando había que facer unha demostración, para enviarlles, se lembraran de como antano se obtiña o grao de ouro, en forma de grao de millo, centeo ou trigo.

Lémbrome tamén da sega, dos mollos xuntando as espigas, que xa poucos se lembran. ¡Como foi cambiando a cousa! Xa me entendedes.

Daquelas datas do 1.924 cando a Hispano americana Sociedade, encargárase de intentar capturar as cousas do campo, como o fixera Saturnino Piñeiro en Fornelos da Ribeira. So que aqueles viaxaban cun automóbil de aluguer e se hospedaban en fondas de mala morte.

Sendo xa un mozo, miraba imaxes de destacados foto periodistas da época. E na Casa dos Poetas, observei as biografías de Curros e Celso Emilio Ferreiro, que me serviron para formar parte despois, do seu faladoiro literario no “Café Goya “de Vigo.

Xa digo: Aquela experiencia americana levou a concienciar a miña aldea coas aportacións económicas dos emigrantes, a que a educación e un vehículo rexenerador, e un resorte de transformación social, alentada dende Arxentina. Incluso, as veces, con certa orientación técnica, inspirados nas repúblicas americanas de acollida. E, ¿Cal foi a nosa resposta?

Xa ninguén se lembra das bágoas derramadas.

Síguenos: