O noso cocidiño de aldea

tradiciones gastronomia cocido galego

Si un escoita a verba, enseguida pensa non so na comida ou xantar tradicional, senón tamén, en que esa expresión pode ter unha raíz vinculada coa nosa terra. O certo é que ven do latín que fai referencia a “ola” para guisar que pode ser de distintos materiais, aínda que no seu orixe foi de barro cocido.

Aínda así, me lembro daquel elemento de panza avultada e redonda, con un ancho considerable, que lle chamaban “pultarius”, que co tempo se derribou en “pucheiro”. Sempre se dixo pola nosa terra, que o seu orixe tiña que ver co cocido, pero, o noso cocidiño da terra, da nosa aldea, xa se coñecía no século XV, preparado a base de garavanzos e carne de cordeiro. Se facía nunha ola de barro, con un pouco de aceite, fritidas as cebolas e logo agregando auga, colocando a carne e os garavanzos, remollados na noite anterior. Logo, se agregaban verduras e se condimentaba coas especies, canela e comino, e se deixaba toda a noite no rescaldo do fogón. E se xeraba unha cocción denta.

A preparación se facía especialmente o venres para que estivera lista o día seguinte. Desa maneira o “sabbath” (día de descanso), non se violaba e so se dedicaba a alma e o espírito.

Despois, cos anos, a preparación empezou a xirar polo mundo e hoxe se converteu nun clásico
manxar con moitos mais ingredientes.

Daquela, sendo neno, se tomaba primeiramente o caldiño, logo as carnes, chourizos e verduras, co aporte das patacas se converteu en “pucheiro” para nós, “bollito”, para os italianos, “toph” para os alemáns, “pot au feu” para os franceses, “kruka” para os suecos, “stew” para os ingleses e “Cozido” para os portugueses.

¡Cantos non pensaron que a creación deste preparado non tiña relación directa coas necesidades dos nosos eidos! Fora como fora, o noso cocidiño sempre estivo presente nos nosos fogares, sobre todo no inverno.
¿Como non me vou lembrar da lareira do fogar de Cambra no Casco? Aquela combinación, sempre de grande valor proteico e calorífico para os días de frío, tanto neste como noutros fogares, onde podían facelo.

¡Que tempos aqueles do cocidiño regado por un bo viño tinto da madriña, que na gloria estea! Amén.

Síguenos: