Deixalo ir… ¡Meu ben!

cementerio morte

cementerio morte

Cando morre unha persoa terminan os sufrimentos. A o menos os da vida na terra, e os que aínda seguimos nela, nos enfrontamos a o tramo desbastador das enormes presións e violentas emocións. A min tocoume a morte de miña irmá Pepita (outubro 2.017) e a prima Nelly, un mes despois en Bos Aires (Arxentina).

A atención de parentes e amigos, sempre está centrada no que está morrendo, pero agora, é a aqueles a quen lles afecta a atención e a consideración da familia e os amigos.

A verdade é o descoñecemento do que é a dor, ata que nos cae en carne propia. Sei cada día, nos sentimentos tristes e feridos, pero tal vez nos sorprenda o percibir outras emocións. Digo eu, cando alguén morre e posible observar un cambio nas nosas relacións cos demais familiares e amigos. Xa non son o mesmo debido as alteracións que trae consigo a perda dun dos seus membros.

A morte de alguén en Fornelos da Ribeira, deu sempre un cambio inesperado. A o menos así era antes. Había xente capaz de afastarse de ti, xente que te daba as costas (deixalo ir…) e cando alguén prefire afastarse de ti (deixalo ir…).

Vendo, como vin, tantas cousas na vida, quixen por o necesario para tomar conciencia de que cando alguén morre e mellor “deixalo ir”, con amor, meu ben.

Non fai moito lendo no Club dos Ensaios, “deixei me ir”, con amor, no capítulo dos sentimentos e da dor, que leva un en cada proceso da dor. Negación, depresión, aceptación…

A negación e que non hai que sentir culpa por non chorar ou reprimir os sentimentos.

A depresión, e o sentimento desamparado pola falta de esperanza e impotencia do estado de ánimo.

A aceptación, dáse cando se pode pensar nos momentos vividos co defunto, e non hai sentimentos de tristeza, senón, pensamentos de felicidade e nostalxia. O tempo o cura todo; a reacción a dor e a cicatrización d un proceso lento, pero co tempo se irá vendo un cambio. Con tempo se verá un cambio progresivo, mantendo a vida ocupada emocionalmente, falando.

Vivimos hoxe nunha sociedade que a desafía ou nega a morte. E debemos, penso eu, que atendela como algo normal no ciclo da vida.

Con os meus anos vexo que a vida se apaga, a alma chora, o ceo se nubra e todo se acaba. Así e o final da miña vida, e así e a vida.

Síguenos: