Idealismo misterioso

fornelos da ribeira

Lendo as historias do suecos, estes teñen a oportunidade de escoller os lugares mais bonitos, así como outros aspectos da vida cotiá.

A min, como a outros moitos que vivimos fora da nosa terra nai, nos gustaría viaxar e vela. Recomendar a xente que é unha localización fermosa, dentro do Condado de Salvaterra. Os que me ledes, sabede que sempre recomendo visitar Fornelos da Ribeira, para descubrir as reviravoltas da parroquia e a súa historia. E ademais é un espazo ideal para o sendeirismo e gozar do verdor dos seus campos e viñas. E memorizar os rueiros. E as vivencias tamén.

A Carballeira de As Fraguiñas, coa serie de eventos que atrae as xentes, neste entorno natural, marco de incomparables actividades culturais e gastronómicas. E vistas panorámicas dende o adro da igrexa de San Xoán, no cumio do Coto de Sa.

O río Tea ao seu paso pola parroquia, e ideal para incorporalo a ruta de sendeirismo a converte popular no verán. Bicicleta ou sendeirismo e a observación de paxaros son todo un símbolo.

Non sei si será porque fun nado en el, pero Fornelos da Ribeira e un encanto. ¡Cantas veces me sentei naquelas pedras, vindo pasar a xente, falar con ela! Non ten prezo. Non é de estrañar que moitos fornelenses, como eu, suspiren pola súa terra.

Fornelos da Ribeira, non e unha terra que destacara, por exemplo, pola súa produción vinícola, pero sen embargo e realmente interesante para os amantes da ecoloxía, para a cata de viño en cada adega, en cada rueiro. O millo e os viñedos.

Fornelos da Ribeira, e un espazo natural felizmente, de singular beleza e calidade ambiental que nos permite recorrer os seus rueiros coa cordialidade da xente.

Rogelio Estévez Cambra, meu tío avó, fillo de Fornelos, emigrante na Arxentina, cantoulle o “Piñeiro da Forca” con tanta pena cando soubo da morte, daquel maxestoso e xigante do monte de Agrelo, que así o publicou en “El Tea”, o 22 de Xaneiro do 1.927 onde o evoca con devoción e cariño.

Eu, unha vez mais, agora que xa ven o verán, os invito a visitar Fornelos, a verde e florida terra, e unha piadosa oración para este “piñeiro sentimental”, porque a pesar de haber morto, vive na memoria dos homes que viron en el o símbolo do ideal misterioso de Fornelos da Ribeira.

¡Que así sexa!

Síguenos: