As escolas públicas

escolas emigracion

Debo dicir e digo que as escolas públicas xeralmente obrigatorias, xurdiron en Fornelos da Ribeira, a partir do século XIX, cando Europa trataba de resolver o problema da xestión social. En Fornelos, respondeu a un complot político emigratorio, tendente a unha reforma moral da xuventude que necesitaba unha transformación das costumes, e forxar uns novos cidadáns exemplares.

Ben sabían os emigrantes fornelenses, que so os meniños se lles pode ensinar na escola. E o mellor educador, o mestre, e o portador e comunicador da “verdade”, e con a súa ensinanza mellorará o seu nivel de vida. ¡Que ben o sabían eles!

A historia humana non foi mais que unha inmolación perpetua e sanguenta dos pobre seres humanos, en aras dunha abstracción despiadada: “Deus, patria e poder”. Agora, podemos engadir “democracia”, “Estado de Dereito”, “Imperio da Lei” e “Dereitos Humanos”.

Nos tempos dos nosos emigrantes, a vida en Fornelos gravitaba o arredor da familia, unidade básica da organización social, económica e educativa. A vida se materializaba no sentimento que transcende o parentesco. Sabían os nosos emigrantes en Bos Aires, que a educación era o reprodutor dun novo orde social igualitario, e dun concepto liberal de cidadán xa antes do nacemento do “home económico”.

Dicían os nosos emigrantes de Arxentina, que a escola non cambiará o mundo, pero sen ela, non será posible facelo. Si non ai socialización democrática – xustiza social, igualdade -,mal o teñen os novos fillos de Fornelos. Partían do dobre artigo de fe, co estímulo económico fronte a “astucia e boa disposición do Ministerio de Instrución Pública”, ante a organización da sociedade civil.

As miserias da terra non son miserias sen remedio. Os emigrantes na Arxentina, non todos, pero si algúns, conseguiron mellorar a situación de vida, por exemplo, asociándose, axudándose mutuamente, e coas súas axudas económicas a terra que os vira nacer, pretenderon conseguir para nós, unha vida mellor.

Tódolos da miña idade, coñeceron as sombras escolares, onde as fiestras estaban rotas, debaixo as vacas, as ratas, os bancos vellos de xeracións anteriores. Aprender de memoria, polo que a escola en principio era un medio hostil.

Daquela non se pretendía o desenrolo dos nenos e nenas, nin as facultades físicas, nin psíquicas ou intelectuais, que inspirou a II República Española. A única que encheu as escola de libros, revistas e materiais especificamente para o desenrolo da personalidade dos nenos. Na declaración de Montessori, no 1.949 a UNESCO, dixo: “E necesario espertar nos nenos o sentido da convivencia social, para que mañá sexan homes”.

Algunha vez, aínda me lembro de cando estando prestando axuda persoal nalgunha escola pública do Condado de Salvaterra do Miño, me viña a mente a realidade de tempos atrás, onde os condes, duques co seus títulos falsificados, peregrinaban a Roma e a Santiago de Compostela enmascarados na Europa cristiá, disfrazados querendo “salvar os nenos” ¡Vaia si non me lembro!

Síguenos: