A alegría de vivir

alegría

Agora que chega outro ano, a felicidade non e algo que se encontra por aí, senón, algo que se constrúe e se practica. Eu sempre fun un interesado da felicidade, porque é un tema que me gusta e me apaixona; incluso, aínda hoxe cos meus anos, que enfoco dende distintos puntos de vista. Me gustaría axudar a xente a reflexionar sobre este tema de especial actualidade, e que fora a ferramenta para utilizar “como calidade de vida”.

Lin de Borges, que “o tempo e a sustancia da que estamos feitos”. A vida está composta de momentos felices e doutros desgraciados, con medos, precaucións…

Buscando a “alegría de vivir” encontreime con un catálogo para ser feliz con 10 temas:
1- Definindo cal debe ser o proxecto de vida. Amar e procurar facelo ben, ser xeneroso e ten sempre actitude de servizo os demais.
2- Manter unha hixiene mental aceptando o bo e o malo. Vivir o presente coa “alegría de vivir”. Lembrade sempre que a felicidade non está en posuír moitas cousas, senón do modo de gañalas.
3- Pensade que o ben está no noso interior e na capacidade cotiá de vivir a vida.
4- Non esquezades xamais que a felicidade vai amparada na verdade.
5- Gozade cada día do que es, e do que tes.
6- Amar a natureza, a verdade, a bondade, a beleza, porque toda ela está chea de forza. Te sentirás inundada de saúde, de felicidade.
7- Buscade a paz, a serenidade e o equilibrio interior, porque dende a tranquilidade do espírito, dende a calma, se pode acceder a verdadeira felicidade.
8- Dade e compartide. Recoñece os méritos dos demais, e alégrate dos bens alleos coma si foran teus.
9- Non os esquezades de aceptar como e cada un, dende dentro para fora, e non o revés.
10- Creade, en cada momento a emoción positiva que anule a negativa que obstrúe o camiño, seguro de que podedes porque tedes poder.

Non os esquezades daquel vello principio de que “para descubrir en nós o amor, o primeiro é amarnos a nós, mesmamente”. A min levoume a pensar, mais dunha vez que a felicidade e coma a bolsa que sobe e baixa, non é constante.

O peor inimigo da felicidade e a ignorancia, xa que moitas destas ideas non soarán a nada novo, pero aínda así, digo que cada un debe empezar a traballar agora mesmo na “alegría de vivir”. ¿Estades comigo?

Síguenos: