As bágoas de San Andrés de Lourido

lourido

Vai para mais de 21 anos que as figuras de varios santos foron chamuscadas polo incendio da Igrexa, na romaría da Virxe da Cabeza. E parece ser milagre a reacción química a pena dos santos. Nun edificio de finais do século XVIII, con algunhas partes da segunda metade do século XVI.

O parecer o incendio obedeceu as abundantes velas acumuladas no seu interior tras pasar a romaría, deixando sen teito, e tódolos elementos de madeira do interior da igrexa. O fenómeno das bágoas, ten unha explicación técnica escultórica empregada polos retablistas do século XVII, para dar un maior realismo, polo que os ollos dos santos se facían con casca de ovo fixados no seu interior con cera virxe. E foi a alta temperatura, a que provocou a sentida riada.

Digo eu que a tristeza dos santos foran posible ante o estado de abandono do noso patrimonio artístico cultural e relixioso. A Igrexa de San Andrés de Lourido foi un exemplo. E unha pena que as chamas “purificaren o noso patrimonio artístico”.

A soia desta igrexa estaba nos seus retablos tallados no século XVII e XVIII xunto as imaxes de grande valor artístico como a representación da Inmaculada e o padroeiro San Andrés.

Dende entón, non sei si os técnicos de Conservación dos Bens Culturais valoraron ou non, os danos dos tres retablos e estean reconstruídos da pintura e limpeza. Como non o sei, non podo falar. Espero que alguén me o diga.

Mais dunha vez, sendo meniño, pasei por esta parroquia, onde aprendín a ler e a escribir na Escola Pública do Casco Vello, e digo que as misteriosas bágoas dos santos, non sexan as únicas, pois despois das romarías e as abundantes velas acendidas son malas conselleiras como xa ocorrera en Crecente ou en As Neves.

Eu me faco eco das bágoas e o sentimento dos fregués como símbolo de tristeza, e lamento o ocorrido os meus veciños da parroquia, e conto que para hoxe a igrexa de San Andrés de Lourido haxa recobrado todo o seu esplendor despois daquel fatídico 23 de maio do 1.997.

Síguenos: