Lembranza do San Benito de Angoares (Ponteareas)

angoares

Lémbrome daquel día en compañía da prima Arxentina, Nelly Ernestina, íamos chegando a pe dende Fornelos xa pasando por Moreira, xuntos coas rapazas de pano anoado as costas, levando presente o santo negro milagreiro de Angoares.

Lémbrome daquelas mozas e vellas coas cestiñas de ofrendas para o santo, que ían chegando de todas partes cantando o compás que volteaban as campás da igrexa. Igrexa románica, levantada na melancólica herdade do antigo cemiterio. Un verdor crecía entre as lousas sepulcrais. ¡Lémbrome ben!

A alegría da mañá en romaría, triunfaba sobre a lúgubre emoción do rueiro. O ceo era doce, e de infinda caricia, e o longo do son da gaita uníase a lúcido romántico do folclore.

Saíra a procesión, e non so as xentes humildes, senón as señoritas e señoritos de Ponteareas se apresuraron a ofrendar o santos as súas dádivas, para levar as andas do santo.

O crego, as recibe en pesetas nun pratiño e o cortexo avanzaba lentamente detrás das gaitas. A o San Benito, se agoniaban as velliñas, pero o mais emocionante eran as ofrendas das xentes humildes que facían o voto en ¡Quen salve que hora! de angustia moral, do camiñar detrás do santo cos xeonllos espidos, sobre aquel terreo, dende que sae a procesión ata que retorna a igrexa. Homes e mulleres, nenas e nenos, xentes humildes e señoritos de Ponteareas camiñando con xesto de dor; a sangue tecendo as enaguas das xentes que ían cos ollos extáticos cravados na anda florida, dando grazas a os milagres.

O crego encantado coas ofrendas; a igrexa ardendo coa cera. E O San Benito, meditando o negocio do crego vendendo as ofrendas. E polo visto, non estaba mal visto. E dicir: Co día da romaría a igrexa enche a “arca” para o resto do ano.

E soe acontecer que algúns devotos prefiren mercar esas mesmas ofrendas que logo ofrecen o santo e así se vai engordando a gaveta parroquial.

Despois de tantos anos, novamente me lembro por estas datas, do San Benito de Angoares , cheo de cor, alegría e xenerosidade, onde se exalta mais que nunca o Santo, neste recuncho de Angoares.

Síguenos: