Aldea encanto

Rio Tea Fornelos da Ribeira

Rio Tea Fornelos da Ribeira

O Condado de Salvaterra do Miño, todo el ten o seu encanto, pero Fornelos da Ribeira o ten tamén polas súas cores en tódalas épocas do ano de norte a sur…

Digo eu que o encanto para min é subxectivo. Non existe un baremo específico para medir a nosa aldea de Fornelos e a súa xente. E digo isto, porque, por desgraza nin si queira Google, ten a resposta. Agora ben, o que non admite dúbidas e que cando unha parroquia, como a nosa, ten encanto se lle nota.

Para min, como fillo de esta querida terra, antes de contarche o esencial, aclaro a aplicación de cal quer criterio porque e bo para empezar dicindo que a miña terra nai, Fornelos da Ribeira, e un “pobo encanto”.

A Igrexa de San Xoán, e o seu rueiro, forman un paisaxe digno de admirar, situado na estrada de Ponteareas a Salvaterra, onde as xentes poder presenciar e conxugar o entorno natural.

Percorrer estes eidos, maínzos e viñedos, a través do tempo, apetece sempre, tanto na primavera, como no verán ou outono. A época medieval segue sempre viva, moi a pesar da “Casa Forte” de Pedro Madruga onde hoxe está situada a igrexa parroquial. Pouco ou moito espazo, depende de como se mire, para comentar as mil e unha batallas, levantadas o pe do Coto de Sa, ofrecendo unha imaxe tan curiosa como temeraria. Fermosa terra bicada polas linfas do río Tea, naceron aqueles preclaros fillos emigrantes na América, González, Sestelo, Estévez Cambra, Cambra, e outros ata chegar os 37 que encariñados coa súa terra, a Asociación de Veciños “San Xoán”, coa participación do Concello recolleron nunha placa colocada na Capela de Santa Rosa, no rueiro de O Casco, o sentir dun deles: Rogelio Estévez Cambra. Galegos, que recolle Clodio González Pérez, historiador e etnógrafo no seu libro de “Entre a Terra do Condado e San Pedro de Angoares”.

Estes verdes campos e viñedos chegaron a ser importantes na Idade Media. E si Fornelos sa daquela sorprendeu, prepárate ¿Porque non? a descubrir tesouros en forma de rueiros a rabiar, repletos de historia, que te emocionarán. E non se trata de elixir, como si isto fora unha competición.

Pasear polos rueiros e dar unha volta e un pracer. Poucas, pero aínda se conservan algúns eidos medievais, cos pozos de auga, as flores, parecen unha decoración de contos…

O encanto está nas xentes, nos prados, nos viñedos, na tranquilidade da natureza, nos carteis anunciando cada rueiro os vieiros para ir a cada un, así como as curiosidades para o visitante. A historia, que non e pouca, o aproveitamento do río Tea, dende Moreira ata Pesqueiras, limpo e coidado, navegando por el as barquiñas en tempos de ocio; o Campo de Fútbol do Progresista, no Oural, e as actividades lúdicas en As Fraguiñas.

Evadirse na natureza como e o caso, custa poucos cartos, e te encontrarás coa gastronomía, tradición e cultura, tanto en Ponteareas como en Salvaterra do Miño.

Fornelos da Ribeira, “pobo encanto”, está nunha zona perfecta para visitalo. Ten unha mesturanza entre tradición e modernidade con importante patrimonio histórico e oferta culinaria, como puntos obrigatorios para visitalo.

E para os meniños “polo encanto que ten, para correr sen perigo”. Todo o demais, queda para vostedes.

Síguenos: