As caraveleiras do eido de Cambra

caraveleiras

Nos meus temperáns anos, no rueiro de O Casco, me preguntaba: ¿Cantas caraveleiras plantei? No o sei, pero nas chamadas “carreiras do eido”, baixo os viñedos, daban unhas bonitas flores de pétalos anchos e bordes aseñorados de variada cor. Aínda me lembro hoxe, cos meus 86 anos. E aínda que se trataba dunhas pequenas plantas que non necesitaban moita luz, as colocaba por onde entraba o sol, nun chan con bo drenaxe que regaba coidadosamente.

As cultivaba todo o ano, xerminando entre 7 e 14 días. ¡Cantas veces penso nelas!

Lémbrome daquelas folliñas de cor verde escuro, lineais, flores de cor rosa, branca, con manchas pálidas e banda escura, con pequeno talo, e 5 pétalos que como tapiz para os bordes das nosas “carreiriñas” era todo un encanto.

Plantas resistentes as pragas, se cultivaban con facilidade, e era unha boa iniciativa, penso eu hoxe, facelo polos bordes dos nosos rueiros da parroquia para convertela nun xardín, formando un atractivo colchón de follas que impiden, ademais, o crecemento doutras herbas.

Seduciría, penso eu, a quen nos visita coas súas cores e rica fragrancia dando unha impresión inmellorable a todos aqueles que por unha ou outra circunstancia nos visitan.

Eran as miñas favoritas xa que con pouco coidado alegraban a vida; son fortes no inverno e poden durar moito tempo. Tamén os xeranios aportaban diferentes fragrancias, tanto no inverno como no verán.

Sería esta unha boa modalidade para os nenos que colaborasen na plantación seguro que as coidarían con moito esmero.

¡Cantas veces sono con Fornelos imaxinando os rueiros floridos, resistindo o frío de inverno! E non digamos na primavera tan fragrantes como fermosas, embelecendo a nosa terra nai.

As asociacións culturais, veciñais e deportivas, teñen moito que ver e ensinar as xentes, por exemplo, da linguaxe das flores e dos refráns alusivos a elas, como “ben sabe a rosa en que man pousa”. Rosas para o ser amado e coroa para os defuntos. E falando das caraveleiras direi que a branca espera a túa promesa, a vermella lixeireza.

A ver si os animades a plantar estas plantas que alegran o ánimo, porque quen non as quere, non merece ningunha cousa.

A ver si no marzal o verdor e no abril a flor, musica polos nosos eidos. Espero velo.

Síguenos: