O matriarcado lonxe da casa

mulleres aldea

Reconstruído por X.M. Seixas no 1.879 simultaneamente con outras prácticas de carácter mutualista, direi que o volume máximo alcanzado fora na década do século XX, no que se chegara a ter milleiros de asociados no Centro Galego porteño. Fora este fenómeno o que caracterizara a os nosos emigrantes na Arxentina, nesta época.

Moitas tiñan como obxecto visible dotar as “escolas das súas aldeas de orixe”, razón pola cal foran denominados xenericamente “sociedades de instrución”. Con elo, aspiraban contemplar o asociacionismo emigrante como unha reprodución dos lazos comunitarios, aplicando un enfoque mais propio da Historia Social e Cultural, que das actividades da instrución, estudadas en principio na centralización escolar, e nas innovacións introducidas polas asociacións dos emigrantes coas remesas dos cartos enviados. E foron capaces de vincular o proceso de xeración de sinerxías e remesas inmateriais que fluíron dende América ata os nosos eidos.

A mellor recompilación e de Vicente Peña Saavedra. Ben entrado o século XX, Bos Aires, se convertera na capital galega por excelencia.

Xosé Manuel Núñez Seixas nos da os referentes “Emigrantes, Caciques e Indianos”.

A canalización de esforzos e iniciativas a favor da noso MATRIARCADO, non fora un fenómeno espontáneo; o catalizador podería ser chamado de auxiliar económico que posiblemente substituíra a “filantropía individual”, rexistrada na nosa parroquia dende o século XIX.

E foron os nosos emigrante de Fornelos da Ribeira, no 1.904 creando “La Concordia”, presente en tódolos medios de comunicación. A iniciativa de 37 fornelenses na Arxentina, moitos deles traballadores na fábrica de ferramentas dos tamén fornelenses en Bos Aires, Manuel e Xosé Manuel González, Ricardo e Constante Sestelo, fillos de Fornelos en Bos Aires, conxuntamente con o notario de Bahía Blanca, Rogelio Estévez Cambra, tamén nado en Fornelos, os que superaron o limiar da credibilidade e rendibilidade en termos de confianza, nada fácil.

O detonante xorde no Baixo Miño cando se lanzou a idea de recadar fondos para o Semanario agrarista republicano EL TEA, editado en Ponteareas. ¡Aquí rebentou a cuestión!