Os tesouros da nosa historia

Monção

Monção

Non fai moito tempo paseara polo noso Condado e sorprendeume a riqueza patrimonial, a historia e a paisaxística deste lugar privilexiado como é esta nosa terra. O Condado e Monçao co río Miño por medio. Todo un símbolo que reflexa a historia e a conservación de tantos e tantos vestixios unidos a paisaxe que tanto nos sorprende.

Non quixera ser imprudente, pero a primeira documentación que encontrei e do século X, onde aparecen restos de castros, mámoas, etc… polos montes chegando a Idade Media, coa presenza da raíña Urraca, na que se pode apreciar a riqueza patrimonial escondida dende Lacedurium, Lazoiro, ata Salvaterra do Miño, respectivamente.

A Guerra dos Irmandiños, as murallas e a vila, aportando un destacado valor histórico. A Igrexa de San Lorenzo, as Covas de Urraca, a capela da Oliva conformaron a fortaleza. E, si por casualidade isto lle fora pouco, e se queiran somerxer nos bosques, poden facelo, e tamén percorrer os ríos chegando o Cordeiro en Alxén, e si queren refrescarse nos valores dos viñedos, tamén poden facelo.

Visitar os distintos pazos, casas solares, visitar as igrexas, como a da miña terra, San Xoán de Fornelos cos seus retablos barrocos; San Salvador de Leirado, co seu espectacular campaneiro.

Santa María de Oleiros, co seu castelo imaxinario da Pedrafurada, do baronés da Sardiña Caneada. Visitar a ermida de Lira e Pesqueiras, a capela da Nosa Señora da Luz en Meder, San Roque, cruceiros e petos de ánimas que habelos hainos aínda que xa faltan algúns.

Falar, podemos falar dos pazos de Lira, Barreiras, Fillaboa, San Amaro, Piñeiro e Souto, así como do “portalón da Inquisición” e a Torre de Petán. E volver as Covas de Urraca, lugar atractivo pertencente o Conde. Testemuñas do paso da filla do rei Afonso VI, por elas.

A Ponte Romana, que aínda se conserva, permite cruzalo río Tea, que xunto con algúns castros son orgullo da terra. Logo, as beiras do río Miño e Tea, dedicados a peóns e bicicletas e unha sorpresa durante todo o ano.

Ben dicía non sei quen, que, “entre o río Mendo, e o Tea, se asomaba un xardín” que xentilmente coquetea coa súa veciña Monçao. Salvaterra e Monçao, non serian ren, sen o pai Miño.

¡Ah! E para xantar, a lamprea que xa na Idade Media era considerada un delicioso alimento, gozando de merecida fama, recomendándoos a todos a ler “La lamprea solo se pesca en el Tea, El Miño y el Ulla”, escrito por Miguel Piñeiro que nos aproxima a cultura e historia deste raro peixe con mais de 500.000 anos de antigüidade.

E, eu, ¡Pobre de min! xa sabedes como me chamo, ser de Fornelos da Ribeira, e sentirse orgulloso de ser de alí. Adora estas terras, por iso fala delas, e quixera deixar detrás da miña vida, as lerias dun home namorado da terra, da musica e da poesía que leva no corazón.

¡¡Acabouse!!

Síguenos: