A ilusión perdida…

blanco amor

Explícome: Entre finais do século XIX e principios do XX, Arxentina sufre profundos cambios debido a chegada de xentes do noso país e da nosa propia terra, que se asentaron formando asociacións que congregaron e promoveron tarefas solidarias de axuda mutua na defensa dos seus propios intereses, etc.
Daquelas entidades “políticas” destacou o Centro Republicano Español, e a Federación de Sociedades Galegas no Bos Aires.

Entendo eu que entre finais e principios do século XIX e XX, chegaron a Arxentina uns 6.400.000; entre 1.857 e 1.930 uns 1.150.000 e incluso no 1.914 uns 40.000 participantes neste tipo de asociacións. Así naceu “Amigos da República Española”; sección do Centro Republicano Español, que chegou a contar con uns cen filiais, ademais da Agrupación Galega de Axuda, Fronte Popular, etc.

Temos a Avelino Gutiérrez, médico e catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Bos Aires, vocal da Liga Republicana Española, con unha destacada actuación sanitaria. Tanto o Semanario España Republicana, como La Vanguardia, publicaron senllos listados con detalle e destino das doazóns recibidas. A afinidade entre republicanos e socialistas se perfila na década de 1.920 coa sociedade agrícola de Ponteareas, liderada por Ánxel Martínez Castro, grazas as “remesas invisibles”. Outra característica fora a de Manuel Puente de Salvaterra no 1.890 que chegou a ter unha grande fortuna. Similar fora Xosé Domínguez, militante da Federación das Sociedades Galegas, fundador dunha delas e secretario fusilado o 7 do marzal do 1.937 o seu regreso a Salvaterra.

Xosé Manuel González, de Fornelos da Ribeira, membro da Comisión Xeral de Axuda o proletariado español, onde os obreiros en loita recibían alimentos e prendas de abrigo, tan necesarios en aqueles aciagos momentos.

Bahía Blanca, socialista nos anos 1.920, fora unha das primeiras, entre doantes. La Plata, e no lugar da Alta Gracia, mais de 1.500 persoas renderan homenaxe aos defensores da república, entre eles, Antonio Barbeito de As Neves.

No San Miguel de Tucumán, co movemento solidario a república española, non sen certa resistencia do exército e da igrexa. O 9 de Xullo do 1.936 se entoando a “marsellesa” o secretario da Acción Católica as emprendeu a pedradas e tiros segundo publicou La Vanguardia o 14 de Xullo do 1.936.

No 1.937 Adolfo Vázquez Gómez e Gabriel Ortega, delegados do Centro republicano de Bos Aires, emprenderan unha xira polos solitarios camiños da Patagonia, deixando comités de axuda a República Española.
En Trelew aparece Xesús López Rivero, secretario xeral do Centro Socialista.

Se pode afirmar que Bos Aires fora o escenario do resurxir das sociedades de barrio, movementos de axuda e un elemento formativo, no que mais dun fillo de Fornelos emigrado aportou economicamente todo o que puido a favor da ideoloxía republicana.

Eduardo Blanco Amor, no 1.937 dixo: “Todo o pobo arxentino está con nós, e iso impide que esteamos na cadea ou expulsados do país. Pode moito a oligarquía, pero non pode vencer o medo quen ten a opinión”.

Síguenos: