Da gusto pasear por el

Fornelos Da Ribeira

Si algunha vez queredes pasear por este escenario que está enclavado na ruta de Ponteareas a Salvaterra do Miño, os direi que foi fundada polos Fornelos” de Teo, próximos a Compostela, polos anos 930, con ampla historia medieval.

Esta pequena “terra nai” é un recuncho pacífico onde o son mais agudo pode escoitarse na entorna co canto dos paxariños. É, un lugar ideal para practicalo “turismo rural”, andar en bicicleta, ou camiñar polos vieiros que o rodean.

Pensando que se debe contar cos atractivos que ten “os Fornelosetos”, e servizos ao pe da porta: Ponteareas e Salvaterra, para satisfacer as ansias do xantar.

É este meu Fornelos, unha aldea de contos e de parodias, e se di que, “un día calquera da nosa vida, unha parella paseando fai moitos anos por esta terra, decidira pasala noite nela. Para elo, na taberna do Xurreiras, nas Fraguiñas, decidiran escoller un fogar da familia mais pobre e famenta. E a toparon, e se lles encolleu o corazón. Encontraron un fogar e unha familia famenta coa subsistencia dunha vaquiña esquelética que lles daba leite, para non deixalos morrer de fame.

Aquela parella pasou a noite escoitando os lamentos daquela familia, pero o día seguinte, cando se dispuñan abandonar Fornelos, o home decidiu ir o cortello da vaquiña e matala ante a triste mirada da compañeira que lle espetou:

¿Como se pode ser tan cruel, si a vaquiña es o único sustento da familia?

Pasaron anos e anos, e un día volveron a Fornelos, e o rueiro daquela familia en ruínas, pasara a ser un fogar acolledor moderno, con un cultivo o arredor de produtos da horta.

A compañeira pensara que aquela familia morrera ou se marchara pola fame e desesperación, e no seu lugar nacera outra familia adiñeirada, pero non, apareceron os rostros daqueles tempos dos farrapos e fame. ¿Que había pasado, entón? Que a abundancia e felicidade había entrado na historia nacendo así: Fai moitos anos un desaprehensivo, nos matou a única fonte de sustento que tiñamos: A vaquiña. Para sobre vivir, desesperados, encontramos a oportunidade de crear a horta onde estaba o cortello da vaca. Empezamos a producir para nos, logo empezamos a vender os excedentes, e agora, temos un proxecto de vida.

A falta da vaquiña nos empurrou a pensar no progreso, e grazas a ela, nos sentimos orgullosos do noso presente e futuro.

Así foi a lección aprendida.

“Si te moves nun espazo, digo eu, onde nada cambia, non esperes cambios”. Para crecer ai que deixarse arrastrar e actuar, e mirar… ¡Todo a vez! Lembremos a La Concordia, e moitas mais cousas que debemos descubrir: ¡Da gusto pasear por el!

Síguenos: