As cousas polo seu nome

pensamento

Hoxe, as características sociais non escapan os estándares globais do mundo, igual que noutros rueiros aparecen particularidades especiais, asociadas a idiosincrasia do uso, polo o desenrolo do mesmo e a visión que temos do home e do rueiro que debería ocupar no mundo en oposición co o que verdadeiramente ocupamos.

Hoxe debatemos entre crenzas que parecen absolutistas ou arrombadas nun planar, e mensaxes dunha clase que enmascara a realidade palpable, día a día, con so o feito de saír a mercar o supermercado. Pero os feitos que caracterizan o momento histórico que vivimos, a incerteza, a pouca claridade na comunicación, a perda de valores esenciais para o desenrolo da nosa sociedade, aparece un quebro na comunicación, na tecnoloxía, entendendo por tal, o teléfono, a televisión, a radio, o internet… que nos permite estar o tanto do que acontece. Sen embargo, o cúmulo de información e esmagarse, e termina por superpoñerse unha a outra. Así a información de A, queda esquecida pola B e esta a súa vez se solapa coa C. So acender o televisor vemos que se repiten e repiten os contidos, non co fin de informar, senón, para causar sensación, xerando así, o rating necesario que, como todos sabemos, se mide por segundos.

Sen dúbida algunha, afrontamos unha crise. O ser humano, o pensamento, e a linguaxe evidentemente están na crise. E non é unha crise casual, nada do que acontece no mundo das relacións humanas o é, e responde a condicións históricas e sociais, cando non a intereses directos das clase dominantes que apuntalan determinados procesos de comunicacións a fin de soster o poder.

Afrontamos unha crise de linguaxe; isto non significa crear unha crise puntualmente económica que afecta a todos, nin tampouco e asociada a esta, minimizar unha crise social que e que meniños que deberían esta estudando se encontren polos rueiros, ou avós que en vez de estar gozando do esforzo da súa vida, teñan que estar protestando polas pensións.

E importante entender que cando as verbas perden seu significado xa non sabemos que estamos nomeando o nomear… e a comunicación perde sentido. Así dicimos, obreiros, sindicatos, protestas e ¿Que estamos pensando? Porque non creo que en nosoutros se xere o mesmo sentimento cando pensamos no que acontece hoxe en día.

Tampouco sabemos que estamos dicindo o dicir: “Política, patria, pais, enriquecemento ilícito” do que son acusados algúns políticos e empresarios. E urxente, reformar conceptos, a verba debe retomalo peso, porque a comunicación entre nosoutros está quebrada.

Falar hoxe de política e sinónimo de corrupción, falar de sindicatos e identificalo con quen se enriquece a consta dos necesitados, e aínda así, sen dúbida ai xente cabal que loita polos valores e ideais con que se formaron, pero desgraciadamente esa xente non chega a “re debuxar” un nome que foi “des debuxado” por tantos outros, anteriormente.

E xa hora de reformar o noso linguaxe para saber que dicimos cando dicimos algo. “O show mediatizado” xa non e exclusivo dos artistas, vedetes ou modelos. Hoxe son os políticos e “formadores da política”, transformando cada acontecer nun feito de livián sorprendente. Hai que empezar a cortar os fíos e comezara preguntarnos onde empeza o conflito, e chegar a resolvelo cos ollos abertos, os oídos atentos e saber que “crer” non significa crer o que se di. Afrontar situacións, re pensar na linguaxe e nomealas cousas polo seu nome. Así declaro.

Síguenos: